Taller formativo este mércores sobre o réxime fiscal dunha explotación agraria

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza para este mércores, 17 de novembro, un taller formativo sobre o réxime fiscal dunha explotación agraria,. A xornada continuará o día 22.

A formación impartirase no Edificio administrativo do ISSGA e de Medio Rural na rúa Villaamil y Castro, en Ourense. A formación correrá a cargo de Alba María Novoa Pereira, de Lex Gestion@, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Explicaranse as formas xurídicas para a titularidade dunha explotación agraria e o réxime tributario que se lles aplica, así como cuestións relacionadas coa afiliación á Seguridade Social e a análise contable da actividade agraria.

As persoas interesadas en asistir deben cubrir a solicitude e enviala a gustavo.adolfo.rodriguez.varela@xunta.gal Para máis información chamar ao teléfono 988 385 557

REXIME FISCAL AGRARIO

Descarga aquí a solicitude 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información