A Xunta porá en marcha un servizo de asesoramento fiscal e de organización empresarial para gandeiros e agricultores

A Xunta porá en marcha un servizo de asesoramento fiscal e de organización empresarial para gandeiros e agricultores

O conselleiro do Medio Rural, José González, este domingo en Mazaricos

A Xunta insiste en reclamar á Administración Xeral do Estado unha reforma fiscal que discrimine positivamente aos agricultores, gandeiros e silvicultores para compensar o seu labor de xestores do territorio rural. Así o reiterou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a súa visita á poxa de gando frisón no marco da Semana Gandeira de Mazaricos.

Esta demanda vai na mesma liña que o trasladado recentemente por carta desde o Goberno galego ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. Trátase, segundo sinalou González, de “primar ese traballo dos produtores primarios na xestión territorial, como un servizo á sociedade no seu conxunto, facilitándolles vantaxes fiscais que favorezan a rendibilidade das súas explotacións”.

Nesta liña, o conselleiro avanzou tamén que a Xunta, dentro das súas competencias nesta materia, habilitará o vindeiro ano un servizo de asesoramento fiscal e de organización empresarial aconsellando aos produtores, con expertos na materia, a mellor fórmula para reducir a súa carga tributaria, sempre dentro da legalidade.

Axudas para certames de gando bovino

Por outra banda, o titular de Medio Rural confirmou tamén que o Goberno galego convocará nas próximas semanas as axudas para apoiar a realización de certames de gando bovino selecto. O conselleiro explicou que a dotación destas subvencións, dirixidas aos concellos que organicen este tipo de certames, será de novo de 200.000 euros e que están enfocadas a impulsar a celebración dunha rede de eventos en diferentes puntos da xeografía galega cunha periodicidade acorde á oferta de animais, incluíndo poxas e concursos oficiais como este de Mazaricos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información