Curso de formación sobre “Fiscalidade Forestal” en Lugo

Este curso está incluído no programa de outono “Cadeiras de Divulgación Forestal” organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria.

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria acolle o curso “Fiscalidade forestal FC2023F127058” e que se celebrará o xoves 16 de novembro na sala muralla da Xunta de Galicia en Lugo de 16h a 20h.

Esta acción formativa está incluída dentro do programa de outono de “Cadeiras de Divulgación Forestal” organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, incluído no plan de formación agroforestal 2023 de AGACAL-Consellería do Medio Rural. Conta coa colaboración da AFG e USC.

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coas agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

O curso será desenvolvido por Daniel Rodríguez Cebreiro (responsable económico da Asociación Forestal de Galicia) e Santos Gabriel Arenas Ruiz (enxeñeiro de montes e doutorando da USC), e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:

• A fiscalidade forestal na actualidade: casos prácticos.

• Elementos para unha fiscalidade forestal máis axustada ao sector forestal.

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9

Cartel_xornada_fiscalidade_23

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información