Taller de marcaxe en aproveitamento de frondosas en Lugo dentro de “Cadeiras de Divulgación Forestal”

O taller celebrarase na Sal Muralla da Xunta en Lugo e na carballeira de Labio.

A Xunta de Galicia organiza dentro da acción formativa “Cadeiras de Outono” o “Taller de marcaxe en aproveitamento de frondosas” e que está organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria.

Este “Taller de marcaxe en aproveitamento de frondosas FC2023F127060” impartirase o xoves 19 de outubro na Sala Muralla da Xunta de Galicia en Lugo de 10h a 13h e na carballeira de Labio (Lugo) de 15h a 20h.

Esta acción formativa está incluída dentro do programa de outono “Cadeiras de Divulgación Forestal” organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2023 de AGACAL-Consellería do Medio Rural. Conta coa colaboración de UXAFORES e PROEPLA da USC.

Diríxese ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

O curso será desenvolvido por Froilán Sevilla (enxeñeiro de montes na Junta de Castilla y León, experto en aproveitamento de frondosas), Roque Rodríguez Soalleiro e César Pérez Cruzado (profesores da USC) e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:

• Criterios silvícolas na madeira de calidade de frondosas.
• Claves para a selección e marcaxe de exemplares de frondosas.
• Presentación e práctica do marteloscopio de Labio (Lugo).
• Presentación dos resultados do primeiro aproveitamento madeireiro nesta carballeira (a través de XERA).
• Práctica de selección e marcaxe sobre o terreo.

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas
Máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9

Cartel_Taller_Marcaxe_Frondosas_23

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información