Curso nas Pontes de xestión de frondosas caducifolias e eucaliptos

A Asociación Forestal de Galicia, en colaboración con Endesa, promove a formación, que se desenvolverá a partir do luns 26 de febreiro. Para abril prográmase outro curso sobre manexo de piñeirais

Curso nas Pontes de xestión de frondosas caducifolias e eucaliptos

Dous cursos teórico – prácticos abordarán nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) a xestión forestal sostible das principais especies do monte galego: piñeiros, frondosas caducifolias e eucaliptos. As xornadas de formación están organizadas pola Asociación Forestal de Galicia, coa colaboración de Endesa, e divídense en dous bloques:

Frondosas caducifolias e eucalipto (26 de febreiro, 1 e 2 de marzo).

Piñeiros e outras coníferas (29 de abril, 3 e 4 de maio).

O primeiro dos cursos, o de frondosas caducifolias e eucalipto (unha frondosa non caducifolia), iníciase este luns 26 de febreiro. A actividade está impartida por enxeñeiros de montes da Asociación Forestal de Galicia, que explicarán cuestións como criterios a ter en conta na elección de especie, os coidados silvícolas a aplicar na plantación durante o seu ciclo ou aspectos sobre normativas e incentivos.

A xornada dedicada ás frondosas e eucalipto consta dunha parte teórica e outra práctica.

A parte teórica terá lugar na sede da Asociación Seara no polígono industrial de Penapurreira, as tardes do 26 de febreiro e 1 de marzo, a partir das 16 horas.

A parte práctica desenvolverase na entulleira da mina de Endesa a mañá do sábado 2 de marzo, para a que se poñerá a disposición das persoas participantes un servizo de transporte en autobús.

A inscrición, gratuíta, pódese facer nos teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, ou no enderezo de correo afg@asociacionforestal.org.

O programa das xornadas de frondosas caducifolias e eucalipto é o seguinte:

Luns 26 de febreiro

16 h – 17.30 h. Xestión forestal sostible e medioambiente. Producións forestais na comarca (Xosé Covelo, enxeñeiro de montes).

17.30 – 18 h. Pausa café.

18 – 19 h. Normativas e incentivos que afectan ó sector forestal (Jorge Bouzas, enxeñeiro de montes).

Venres 1 de marzo

16 – 17.30 h. Elección de especie e modelos silvícolas (Braulio Molina, enxeñeiro de montes).

17.30 – 18 h. Pausa café.

18 – 20 h. A planta, plantación, coidados silvícolas e corta (Jorge Bouzas).

Sábado 2 de marzo

9.30 – 14 h. Prácticas na entulleira da mina de Endesa (Jorge Bouzas e Enrique García, enxeñeiros de montes). Poñerase transporte a disposición das persoas asistentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información