Recoñecidos prescriptores do mundo do viño visitan o Ribeiro

Peter Richards, Claude Bourguignon, Dimitris Leivadas, entre outros, sorprenderonse das características da D.O. más antiga de Galicia durante o seu percorrido.

Publicidade
Recoñecidos prescriptores do mundo do viño visitan o Ribeiro

Expertos do mundo do viño durante a súa visita ao Ribeiro.

A D.O. Ribeiro, ven de recibir a visita de importantes figuras do mundo do viño a nivel internacional como complemento á súa participación no Primeiro Foro dos Viños Atlánticos, Atlante Wine Forum, organizado polo Instituto Galego do Viño e co-patrocinado polo Consello Regulador.

Personalidades entre as que se atopaban Peter Richards, Master of Wine británico e presentador da BBC, os franceses Claude e Lydia Bourguignon, fundadores do LAMS (Laboratorio de Análisis Microbiolóxico de Solos), Dimitris Leivadas, consultor, e ex-xefe de sala do restaurante inglés con 3 Estrellas Michelín The Fat Duck, Cristina Alcalá, enóloga, comunicadora en numerosos medios nacionais e internacionais, na actualidade, directora de 5 Senses Wine, e Rafael del Rey, director xeneral da Fundación Observatorio Español del Mercado del Vino, gozaron dun percorrido pola única Denominación de Orixe que se localiza nunha zona especial de transición Atlántico-Mediterránea, o que xera unha situación agroclimática única.

O percorrido, que incluíu unha cata inspiradora de diferentes viños da comarca, puxo en valor a D.O. cas súas particularidades propias do lugar, degustando viños dende a colleita 2007 ata a nova 2014, en entornos emblemáticos; viñedos que datan do século XII e referencias arquitectónicas e culturais da comarca como o Mosteiro de San Clodio, como referente da orde Cisterciense que xerou as actuais variedades autóctonas do Ribeiro.

Durante toda a visita, os prescriptores estiveron acompañados polo persoal do C.R.D.O. Ribeiro así como do INGAVI, representado polo seu director, Xoán Cannas.

Enoturismo de Ribeiro

Así mesmo, aproveitouse para que estes expertos do viño coñecesen tamén o perfil enoturístico da zona, destacando o seu potencial e identidade como valor engadido e imprescindible á hora de comercializar os viños no mundo, nun enclave privilexiado.

Estes expertos repararon nas numeosas cualidades vitivinícolas desta rexión:  os seus solos, as súas variedades autóctonas poñendo en valor o terreo, os solos, a climatoloxía, e as diferentes mesturas de uvas, anadas e solos.

Para o Consello Regulador “o balance da visita é excelente; historia, territorio e bo produto posicionan á D.O. Ribeiro como unha das mellores rexións vitivinícolas do mundo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información