Quescrem, a compañía galega que leva 15 años exportando innovación láctea a todo o mundo

A empresa asentada en Castro de Rei pechou o último exercicio cunha facturación próxima aos 12 millóns de euros, un 2,5% máis ca o ano anterior. No 2020 abriron filial en China e as vendas internacionais supuxeron a metade dos ingresos

Foto de familia de la plantilla para celebrar el 15 aniversario de la empresa

Foto de familia do plantel de empregados para celebrar o 15 aniversario da empresa

Quescrem, a innovadora empresa lucense que revolucionou a forma de facer queixo crema, celebra o seu 15 aniversario en mellor forma que nunca. A compañía, que leva anos posicionada como un referente no ámbito da innovación culinaria e que é a creadora do primeiro mascarpone galego, conserva intacta a súa paixón e trazou un ambicioso plan estratéxico para manter a súa senda de crecemento dentro e fóra das nosas fronteiras.

“Despois dun 2020 tan complicado e desafiante, un ano no que o tecido produtivo sufriu tanto e no que as restricións obrigáronnos a redefinir os nosos obxectivos, a buscar camiños inexplorados e mesmo a adaptar as nosas rutinas de traballo, tiñamos moitas ganas de celebrar ao grande este importante fito para a nosa compañía”, explica Sergio Martínez, director xeral de Quescrem, que engade: “Trátase dun momento para lembrar o noso pasado, para reivindicar a nosa historia, para celebrar xuntos os éxitos cultivados e, por suposto, para pensar no futuro”.

70 empregados

Coa finalidade de conmemorar os seus primeiros 15 anos de vida, a empresa creadora do primeiro queixo crema da comunidade autónoma, planificou numerosas actividades dirixidas a profesionais da hostalería e pastelería, ao consumidor final, aos seus propios empregados e ao conxunto da sociedade. A primeira destas iniciativas foi a organización dunha exposición fotográfica sobre a historia da compañía e un emotivo brinde que protagonizaron os traballadores, principais artífices do éxito deste innovador proxecto empresarial.

A idade media do persoal é de 35 anos, do cal máis da metade son mulleres

Na actualidade Quescrem conta cun plantel de persoal integrado por máis de 70 persoas, que se configura como un piar estratéxico da empresa. “Sempre apostamos polo emprego de calidade e por potenciar o talento novo, cualificado e local. Non hai que irse lonxe para atopar grandes profesionais”, explica Sergio Martínez. A idade media do persoal é de 35 anos, do cal máis da metade son mulleres. A práctica totalidade dos traballadores residen a menos dunha hora da planta de produción.

Visión local, alcance global

Algunos de los productos que Innolact SL fabrica con la marca Quescrem

Algúns dos produtos que Innolact SL fabrica coa marca Quescrem

Quescrem subminístrase de provedores locais, xa que o leite e a nata que utilizan na fabricación dos seus produtos proceden de granxas situadas nun radio de 20 quilómetros da súa planta, o que asegura a máxima calidade e frescura. A partir desa materia prima, os produtos lácteos de alto valor engadido fabricados por Quescrem véndense en 42 países dos 5 continentes.

A compañía lucense arrincou o 2020 coa mirada posta no mercado exterior, principalmente en China, Portugal, Francia, Arabia Saudita e Corea do Sur, países onde a demanda dos seus produtos non deixou de crecer nos últimos anos e que concentran xa unha parte importante do seu volume de vendas. O peche da hostalería, os confinamentos da poboación a nivel mundial e o peche de fronteiras supuxeron un importante reto.

Países como China, Portugal, Francia, Arabia Saudita e Corea do Sur teñen cada vez un maior peso na facturación de Quescrem

Con todo, “a pesar da caída de ingresos e beneficios conseguimos aumentar o noso persoal, e aínda enfrontando importantes dificultades loxísticas expandimos o noso negocio internacional aplicando a máxima que nos guía desde a nosa fundación: innovar”, explica o director xeral da compañía, avalado por unha facturación que case alcanzou os 12 millóns de euros o pasado exercicio.

Debido á importancia do mercado chinés, a compañía inaugurou recentemente a súa primeira filial no país asiático, a Xangai Innolact Business

Cabe destacar neste sentido que as vendas internacionais de Quescrem supuxeron a metade da facturación total en 2020, cun incremento do 2,5% respecto ao ano anterior. Debido á importancia do mercado chinés, a compañía inaugurou recentemente a súa primeira filial no país asiático, a Xangai Innolact Business.

Unha historia de compromiso e innovación

Equipo tecnico culinario de Quescrem en el stand de la Horeca Professional Expo 2021

Equipo técnico culinario de Quescrem no stand da Horeca Professional Expo 2021

A fabricación de queixo crema, unha gama de produto que esixe de precisos coñecementos tecnolóxicos, estivo historicamente liderada por grandes multinacionais como Kraft ou Bongrain. Ao redor do 2006, o equipo que entón dirixía a aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago no campus de Lugo desenvolveu un proceso produtivo propio para a elaboración de queixo crema, pero atopouse con que ningunha industria estaba interesada na súa compra.

Ante ese escenario, os investigadores optaron por impulsar Innolact, unha empresa que naceu como spin-off da Universidade e que empezou a producir en 2007 queixo crema principalmente baixo a marca Quescrem. Dous anos máis tarde, no 2009, lanzaron o seu queixo mascarpone como primeira liña de diversificación de produtos da compañía.

Fundada en 2006 baixo o nome de Innolact SL, a empresa empezou a fabricar queixo crema un ano despois nas súas instalacións do polígono industrial de Castro Ribeiras de Lea

En 2018, tras dúas ampliacións da planta de fabricación inicial, acometidas en 2012 e 2015, inauguraron a súa segunda planta de produción en Castro. En 2019 prodúcese o lanzamento do Kéfir Quescrem, o primeiro kéfir para untar do mercado, merecedor do Premio Galicia Alimentación ao produto innovador.

Desde os seus inicios, a empresa fixouse tamén o obxectivo da exportación. En 2010 iniciaron o seu proceso de internacionalización cunha primeira explotación dos mercados exteriores, unha aposta que en 2018 valeulles o Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado e internacionalización, un proceso reforzado o pasado ano, pois 2020 supuxo a creación da súa filial en China.

Departamento propio de I+D+i composto por 8 persoas

Laboratorio Quescrem

Laboratorio de Quescrem, de onde saen os novos produtos da marca

Desde a súa creación, Quescrem mantívose firme no compromiso de facer da innovación o seu selo de identidade, deseñando produtos de máxima calidade e gran potencial gastronómico para a industria alimentaria, a cociña e pastelería profesional, e o consumidor particular.

Desde 2007, os recursos xerados pola súa actividade foron continuamente reinvestidos, destinando de media máis do 6% da facturación anual a investimentos en I+D+i

Contan cun departamento propio de innovación, formado por 8 persoas, e, tal e como subliña o seu director xeral, “os recursos xerados foron continuamente reinvestidos na empresa, destinando de media máis dun 6% da facturación anual a investimentos en I+D+i. Así conseguimos estar á vangarda en Investigación e Desenvolvemento, colaborando constantemente con centros tecnolóxicos de primeiro nivel de ámbito nacional e europeo”.

Diversificar as canles de venda con maior presenza nos supermercados

“Os nosos produtos estiveron tradicionalmente dirixidos á canle HORECA e entre os profesionais o sabor e funcionalidade do noso mascarpone galego e variedades de queixo crema gozan dun gran recoñecemento”, sinala Sergio Martínez.

A compañía lucense produce o único mascarpone galego e o primeiro queixo crema da comunidade autónoma

“Pero non queremos quedarnos aquí e por iso propuxémonos incrementar a nosa presenza nos supermercados e diversificar así as canles de venda. Innovar e probar novas fórmulas de comercialización tamén resulta esencial neste ámbito. Por exemplo, no ano 2020 apostamos por potenciar nosa propia brand store en Amazon e conseguimos incrementar en case un 400% as  nosas vendas”, engade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información