Publicados os importes unitarios das axudas asociadas para as explotacións lácteas

O FEGA acaba de publicar os importes unitarios provisionais establecidos na campaña 2015/2016 para as axudas asociadas voluntarias ás explotacións de vacún de leite establecidas no Real Decreto 1075/2014 do 19 de decembro.

Son de 120,513316 €/animal na axuda destinada ás primeiras 75 vacas das explotacións situadas na rexión España Peninsular; 123,608115 €/animal para as primeiras 75 vacas das explotacións localizadas na rexión Insular e Zonas de Montaña; 58,001020 €/animal na axuda ás vacas distintas das 75 primeiras das ganderías da rexión España Peninsular; e 59,736457 €/animal para as vacas distintas das 75 primeiras das granxas leiteiras da rexión Insular e Zonas de Montaña. O importe unitario da axuda por dereitos especiais é de 189,081338 €/animal.

AXUDAS_EUROPEAS_LACTEO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información