Propoñen un polígono agroforestal de 85 hectáreas no concello de Coristanco

Propoñen un polígono agroforestal de 85 hectáreas no concello de Coristanco

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada do alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, mantivo este venres unha reunión con veciños deste concello coruñés para informalos das vantaxes que presentan os instrumentos de mobilización contemplados na Lei de recuperación da terra agraria, como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo.

En particular, a directora xeral explicou a posibilidade de establecer un polígono agroforestal na zona -en concreto, na parroquia de Erbecedo-, cunha superficie de 84,73 hectáreas distribuídas en 407 parcelas propiedade de 261 titulares.

Neste encontro, Inés Santé lembroulles aos veciños que os polígonos agroforestais son unha ferramenta idónea, non só para recuperar terra de boa capacidade produtiva abandonada ou infrautilizada de forma sustentable, senón tamén para mellorar a estrutura da propiedade facilitando así a actividade agrogandeira e incrementando a súa rendibilidade. De feito, en Galicia hai 24 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación -hai xa dous anos-, mobilizando máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de máis de 7.900 veciños. Na provincia da Coruña localízase polo de agora unicamente o polígono do concello de Curtis, sendo o de maior dimensión de Galicia, con 3.386 hectáreas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información