Dentro dunhas 2 semanas está previsto que comece a vendima en Galicia e xa comezan a transcender as primeiras ofertas de prezos da uva.
Segundo informa o xornal Diario do Támega a adega Tapias de Mariñán, unha das de maior tamaño da Denominación de Orixe Monterrei, notificou na reunión anual cos seus viticultores provedores que o prezo de compra será de 2euros/kg este ano para a uva godello.
Desta forma márcase unha nova marca no prezo que pagará pola uva godello.