Prezo medio do leite en maio de 0,54 euros o litro en España e de 0,47 na media da Unión Europea

prezos leite UE maio 23O prezo medio do leite en maio situouse en 0,54 euros o litro en España e en 0,47 na media da Unión Europea, segundo adianta o Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea .

En concreto, o pasado mes o prezo medio do leite estandarizado ao 4% de graxa e 3,3% de proteína foi de 0,464 euros o litro, o que supón un descenso do 1,9% respecto a abril. En España, os cálculos da Comisión Europea estiman que o prezo medio situouse en orixe en 0,543 euros, o mesmo que en abril.

En canto aos principais produtores da UE, o prezo medio o mes pasado foi de 0,4654 euros o litro en Alemaña; de 0,4381 en Francia, 0,5373 en Italia e de 0,5356 en Portugal. Irlanda, o estado da UE no que o sector lácteo é máis dependente das exportacións e da evolución dos produtos lácteos nos mercados internacionais, tivo en maio un prezo medio para os gandeiros de 0,40 euros o litro.

Está por ver como o importante diferencial de prezos con respecto a Francia -uns 10 céntimos por litro- está incidindo nun incremento das importacións procedentes daquel país, algo que xa se veu rexistrando especialmente no caso do queixo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información