Piden que as comunidades autónomas poidan complementar as axudas estatais para as granxas

A organización Asaga demanda cambios no borrador do decreto de apoios ás ganderías de carne polo aumento de custos. O texto especifica que esas subvencións serán incompatibles con calquera outra que, para a mesma finalidade, se poida conceder por outras Administracións

Piden que as comunidades autónomas poidan complementar as axudas estatais para as granxas

A organización agraria Asaga, sucesora da extinta Asaja Galicia, pide cambios no borrador do decreto estatal que regula as axudas para o vacún de carne. O Goberno central destinou un paquete de 193 millóns de euros para apoiar ás ganderías de carne e ó sector dos cítricos polo aumento dos custos de produción. Tamén lanzará nas próximas semanas outro paquete de 169 millóns de euros para as explotacións de leite, tanto para as de vacún como para as de ovino e caprino.

Desde Asaga consideran que esas axudas estatais deberían poder ser complementadas polas comunidades autónomas. Sen embargo, o texto do borrador do decreto especifica que “as axudas serán incompatibles con calquera outra que, para a mesma finalidade, poidan concederse por outras Administracións públicas, salvo por axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía ou polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural”.

Asaga tamén pide maiores apoios estatais para as granxas de carne, pois considera insuficientes os 60 euros por vaca nodriza que se prevén no borrador do decreto, cando ás ganderías de leite chegarán cantidades superiores por animal, de ata 210 euros por vaca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información