‘O veterinario de explotación: máis burocracia para as ganderías’

O secretario de Gandería de UPA, Román Santalla, remite nunha carta ó Director Xeral a preocupación pola carga burocrática que sumará a obrigación de contar cun veterinario de explotación e a necesidade de reducir estes trámites ás granxas

‘O veterinario de explotación: máis burocracia para as ganderías’

Estimado Director Xeral/Secretario Xeral,

Quero transmitirlle nesta carta a nosa máis extrema preocupación pola situación de colapso burocrático que as explotacións gandeiras estamos a vivir e que non queremos que se agrave aínda máis coa implementación do chamado veterinario de explotación.

Señor Director, non podemos con máis papelada e xestións administrativas que entendemos non achegan nada relevante e dificultan moito a nosa profesión. Hoxe, como vostede sabe, o volume de burocracia no uso e tratamento dos animais enfermos con antibióticos ou antiinflamatorios é absolutamente brutal, estamos a diario e de forma permanente, dependentes dun veterinario que pase pola granxa (veterinario de clínica, de reprodución, calidade, da ADS…). Isto supón miles de receitas, farmacéuticos titulados, veterinarios etc.

Como é posible que todo isto, xunto co libro de explotación, o libro de receitas, fitosanitarios, etc, non resulte suficiente? Vostede diranos que é un Regulamento comunitario e nós dicímoslles que haberá que poñer sentido común ante medidas que duplican o papelo e non conlevan máis garantías para ninguén.

De seguir así, pode ocorrer que sexamos os mellores da Unión Europea en protocolos e xestións sobre o papel, pero que as nosas ganderías pechan e non hai remuda xeracional.

Saben vostedes, que teremos que pagarlle a un veterinario novo para facer toda esta papelada que se nos vén enriba? Saben vostedes que os veterinarios xa se dedican máis a facer papeis que a facer clínica, por exemplo? Posiblemente isto leve ao pleno emprego da profesión veterinaria, pero van ter que dedicarse máis a facer papeis que a tratar e coidar aos nosos animais enfermos.

Pedímoslles tempo para asimilar o moito que temos enriba, incluído o sistema tan estrito de identificación, porque non saben vostedes que significa isto cando tes unha inspección.

No campo estamos todos preocupados pola situación que se aveciña, incluídos tamén os veterinarios. Ou descargamos de burocracia á gandería ou máis pronto do que se pensan haberá moitos menos gandeiros e gandeiras, e moitos menos animais.

Reflexionen se é necesario, agora, nestes momentos, implementar o veterinario de explotación, pensando en que achega de novo.

Gustaríanos manter unha reunión con vostede para trasladarlle directamente todos estes temas e preocupacións, que están a poñer en xaque a unha boa parte da gandería deste país.

* Román Santalla Agra

Secretario de Gandería de UPA Federal, presidente da cooperativa Cobideza e gandeiro de vacún de leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información