O Ministerio de Agricultura organiza un curso de asesoramento en agricultura ecolóxica

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación puxo en marcha o curso de Asesoramento en Agricultura Ecolóxica para dar a coñecer os fundamentos básicos da produción agraria en ecolóxico e ofrecer unha panorámica da lexislación que o regula. Con esta iniciativa quérese mellorar a capacidade dos operadores deste sector, á vez que se contribúe a mellorar a visibilidade e posta en valor do sector agroalimentario para o medio rural e a economía española.

O curso, que se ofrece en liña a través do campus virtual, está dirixido principalmente a asesores de explotacións en activo e profesionais con interese en desenvolver a súa actividade na produción ecolóxica. Está impartido por profesionais do sector, que colaboraron na elaboración dos materiais didácticos, que servirán de apoio para que os alumnos, de maneira autónoma, poidan realizar o itinerario formativo e a avaliación. O formato práctico do curso facilita que sexa ameno de seguir e que os alumnos poidan realizalo ao seu ritmo.

O temario abordará aspectos como a normativa e control da Unión Europea, a Política Agraria Común no período 2023-2027, o asesoramento práctico en agricultura ecolóxica, a xestión integrada de pragas, o emprendemento ou a comercialización da produción ecolóxica.

Pódese acceder á inscrición e seguimento do curso a través do campus virtual nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información