O Consello Regulador do Ribeiro inicia as avaliacións de danos por xeadas

As inspectoras do órgano de control farán un informe dos danos sufridos en todas as zonas afectadas. As estimacións faranse en catro fases. Hai unha gran disparidade de danos incluso na mesma parcela

Publicidade
O Consello Regulador do Ribeiro inicia as avaliacións de danos por xeadas

Persoal do Consello Regulador avalía en parcelas do Ribeiro os danos das xeadas.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro acaba de iniciar os traballos de estimación dos danos causados polas xeadas dos primeiros días do mes de abril, dada a preocupación dalgúns viticultores, que temen que o rendemento da colleita poida verse afectado. “Para chegar a unha estimación o máis acertada posible, a valoración constará de varias fases, xa que esta xeada orixinouse cunha marxe de tempo para que parte do viñedo afectado se recupere”, explican no comunicado emitido polo Consello Regulador.

En concreto, a avaliación constará de catro fases. En primeiro lugar efectuarán entrevistas e recollida de información dos viticultores das zonas afectadas. Despois, na segunda fase, visitarán os viñedos e farase unha análise dos danos detectados con marcaxe de cepas por zonas en todos os concellos pertencentes á Denominación de Orixe. A terceira fase realizarase dentro de 40 días para ver a evolución dos viñedos sinalados. A cuarta fase realizarase coas auditorías de viñedo, que como é habitual nos últimos anos, inícianse a primeiros do mes de xuño.

A variedades tintas e a Treixadura entre as blancas son as máis afectadas polas xeadas

A día de hoxe, os danos son dispares, detectándose nunha mesma parcela grandes diferenzas entre as cepas das distintas filas, do mesmo xeito que en variedades de uva, sendo as máis afectadas a maioría das variedades tintas e a Treixadura entre as uvas brancas.

O presidente do C. R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara comenta que “o Consello Regulador do Ribeiro, ademais dun traballo para axudar aos viticultores ante este tipo de incidencias, quere poñer en valor a figura do viticultor como peza clave na cadea de produción, tanto desde o punto de vista económico como social. O viño comézase na viña”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información