O Campus Terra pon en valor o cultivo de pataca en Galicia no LII Seminario de Técnicos e Especialistas en Horticultura

Publicidade
O Campus Terra pon en valor o cultivo de pataca en Galicia no LII Seminario de Técnicos e Especialistas en Horticultura

Máis de 30 profesionais, investigadores e técnicos do sector hortícola en España presentarán en Lugo os resultados dos últimos traballos de experimentación en horticultura, no marco dun foro coordinado polos profesores Benigno Ruiz Nogueiras e Mª Belén Díaz. Desenvolverase do 18 ao 22 de setembro na Escola Politécnica de Enxeñaría e inclúe visitas a Xinzo de Limia e ao CIAM de Mabegondo.

O programa desta reunión científica, na que se agarda a participación de máis de 20 profesionais, investigadores e técnicos do sector hortícola procedentes de toda España, permitirá expoñer os resultados das últimas investigación e dos traballos de investigación desenvolvidos neste eido produtivo, un sector no que a produción de pataca constitúe o principal sinal de identidade da horticultura en Galicia.

Galicia, despois de Castela León, é a segunda comunidade autónoma de España con maior produción deste tubérculo. Daquela, alén da presentación de comunicacións, nas que se darán conta dos últimas investigacións e ensaios realizados no ámbito da horticultura, o programa da próxima edición deste seminario nacional inclúe unha visita técnica a Xinzo de Limia, onde as persoas inscritas neste foro científico terá a oportunidade de coñecer de primeira man as singularidades que presenta a produción deste cultivo extensivo en Galicia, así como as distintas iniciativas postas en marcha para a súa valorización.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información