A Universidade de Vigo, xunto co Centro Agrogandeiro do INORDE, está a traballar no deseño de estratexias para unha produción de pataca máis sostible e con menores custos en Galicia, empregando diferentes técnicas coma o uso de sistemas de alerta, cultivos trampa, a utilización de fungos micorrízicos ou a rotación de cultivos.
Para deseñar correctamente estas estratexias, e que sexan de utilidade para as persoas produtoras de pataca galegas, os investigadores precisan coñecer a opinión dos produtores/as, convidándoos/as a participar respondendo a seguinte enquisa en liña:
Pódese facer dende calquera dispositivo (ordenador ou teléfono) e ao finalizar poderá participar no sorteo dunha tarxeta regalo de 200 €
A enquisa pode cubrirse ata o 30 de xuño (data na que se pechará o estudo).
Para calquera problema ou cuestión pode contactar por correo electrónico maringomez@uvigo.es