Mondariz acolle unhas xornadas sobre xestión sostible de montes veciñais e proxectos de absorción de carbono

A Asociación Forestal de Galicia organiza este venres 24 unha serie de conferencias sobre a materia no centro cultural de Mouriscados. A actividade péchase o sábado 25 cunha visita guiada ó monte veciñal en man común de Mouriscados

Mondariz acolle unhas xornadas sobre xestión sostible de montes veciñais e proxectos de absorción de carbono

Monte veciñal. / Imaxe de arquivo.

O centro cultural de Mouriscados (Mondariz) acollerá este venres 24 e sábado 25 unhas xornadas orientadas a difundir as posibilidades de xestión sostible dos montes veciñais. O evento abordará a planificación dos montes veciñais, así como as posibilidades que abren os proxectos de absorción de carbono. Estes proxectos representan tanto unha vía de ingresos adicional para as comunidades como unha oportunidade para a restauración de áreas degradadas ou afectadas por incendios forestais.

A Asociación Forestal de Galicia, organizadora das xornadas, aproveitará tamén o acto para presentar o monte demostrativo de Mouriscados, un espazo que aspira a convertirse nun referente de boas prácticas silvícolas.

Para asistir ás xornadas, requírese inscripción previa gratuíta nos teléfonos 986 660 864, 981 564 011 ou 618 752 214. Tamén é posible a inscripcíón vía email a afg@asociacionforestal.org.

O programa das xornadas será o seguinte:

VENRES 24
16.30 – 17 h. Presentación do monte demostrativo de Mouriscados.

17 – 17.45 h. A importancia da planificación na xestión forestal sostible.

17.45 – 18.15 h. Pausa café.

18.15 – 19 h. Os proxectos de absorción de carbono como impulso á planificación.

SÁBADO 25
10 – 13 h. Visita guiada ao monte veciñal en man común de Mouriscados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información