Leve recuperación en marzo dos produtos lácteos na UE

Segundo o Panel de Análise de Materias Primas Agrarias da UE de marzo. Os cereais e a soia frean a súa baixada de prezos. O prezo dos fertilizantes segue baixando.

Leve recuperación en marzo dos produtos lácteos na UE

A Comisión Europea ven de publicar o Commodity Price Dashboard ou Panel de Prezos de Materias Primas Agrícolas correspondente ao mes de marzo.

O máis salientable é a leve suba no prezo dos produtos lácteos na UE, nun contexto xeral no que os prezos dos produtos lácteos industriais están a tocar fondo. A boa nova é que o prezo da soia segue baixando, aínda que menos que no mes de febreiro, ao igual que os fertilizantes.

Sobe a manteiga e o leite en pó enteiro, baixa o desnatado e mantense estable o do queixo

Así, o kilo de leite en pó enteiro subiu na UE un 5,1% con respecto a xaneiro, até os 2,74 €/kg -para facer un kilo de leite en pó son necesarios 10 de leite líquido- , e o do leite en pó desnatado pagouse a 2,12 €, cunha baixada do 0,2% respecto a febreiro. A manteiga tamén moderou a súa suba en marzo respecto ao mes anterior, ata un 3,2%, mentres que o queixo mantívose estable nos 3,27 € kilo.

No resto do mundo, a cotización das materias primas lácteas caracterizouse pola suba continuada do leite en pó: un 8,8% para o magro e un 7,0% máis en marzo para o enteiro. Pola contra, tanto o prezo da manteiga como o do queixo baixaron en marzo: un -0,3 e un -3,4%, respectivamente.

PREZOS_UE_MARZO_2015_COMMODITIES

Baixa a carne de polo e de tenreira e recupérase a de porco

Por outra parte, o panel de prezos da Comisión Europea revela unha evolución desigual nas cotizacións da carne no mes de marzo. Así, a tenreira cotizouse a unha media de 3,83 €/kg, un 0,2% menos que en febreiro, e o polo a unha media de 1,86 €/kg, un 0,1% menos. Pola contra, a carne de porco cotizouse a 1,41 €/kg, cunha suba mensual do 3,0%%.

No resto do mundo durante o mes de marzo os prezos da carne de porco e de tenreira tamén baixaron, mentres que a de polo subiu un tímido 0,4%.

Fréase o descenso do prezo dos cereais e da soia

Respecto aos cereais, moderouse a baixada dos últimos meses. Deste xeito a cebada repuntou un 2,1% e o millo un 3,3%, até os 155 €/tonelada.

O prezo da tonelada de soia na UE en Marzo situouse nos 399,0 €/tonelada, cunha baixada do 1,5% respecto a febreiro e do 33,3% interanual. No conxunto do planeta, a tonelada de soia cotizouse a unha media de 338,6 €/tn, un 3,9% menos que o mes anterior, e cunha baixada do 19% respecto a hai un ano. Hai que ter en conta que depreciación do euro fronte ao dólar está a encarecer as importacións de cereais.

Baixada dos fertilizantes e dos combustibles

En canto aos imputs agrarios, segundo o panel da Comisión Europea a tendencia de prezos en marzo foi á baixa, sobre todo nos combustibles, que subiron unha media do 3,3%.

En canto aos fertilizantes, os fosfatos mantivéronse estables en febreiro, mentres que a urea segue baixando, un 8,8%.en marzo, e os abonos fosfatados caeron un 1,3%.

PREZOS_UE_MARZO_2015_INPUTS

Podes descargar o informe completo nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información