As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron unha suba de 0,02 euros nos prezos das canais de tódalas categorías e calidades desta carne.
No Mercado de gando de Amio, que se celebrou esta mañá, mantivéronse os prezos con respecto da semana pasada en tódalas categorías e razas, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira.
En canto á asistencia, houbo 1.475 reses, o que supón 198 máis que a sesión da semana pasada, que coincidiu coa xornada festiva do Día das Letras Galegas. En concreto, na feira de hoxe contabilizáronse 1.264 cabezas de vacún menor, 199 máis que na sesión anterior. Houbo 102 de vacún mediano (23 máis) e 109 de vacún grande (24 menos que a semana pasada).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (24-V-2023).