Nun contexto de estabilidade de prezos do leite nos dous primeiros meses do ano, a produción disparouse un 3,66% en Galicia e un 3,41 en España, respecto ao mesmo período do ano pasado. Así se recolle no informe do Ministerio de Agricultura de entregas do sector lácteo correspondente a febreiro.
En canto aos prezos a media en España en febreiro foi de 0,515 euros o litro, cunha lixeira caída con respecto aos 0,517 de xaneiro. En Galicia a media foi de 0,490 euros o litro, cunha leve baixada respecto aos 0,.495 do mes anterior.
O dato máis salientable é o incremento da produción tanto en Galicia como en España: No conxunto do Estado as entregas ascenderon a 606876 toneladas, que sumadas ás de xaneiro supoñen un 3,41% por riba do mesmo período do 2023 (a suba sería do 3,23% sen a produción galega). En Galicia a suba interanual da produción nos dous primeiros mese deste ano foi do 3,66%, con 500612 toneladas de leite entregadas neste período fronte ás 482919 do mesmo período de 2023.
En canto ás calidades do leite en febreiro foron dunha media en España de 3,79 de graxa e de 3,38 en proteína. Galicia continúa por riba en sólidos do leite, cun 3,86 de graxa e cun 3,39 de proteína.
En leite ecolóxico, as cotizacións medias no campo foron en febreiro de 0,636 euros o litro, en tanto en Galicia foron de 0,626, cunha baixada respecto a xaneiro (0,641 e 0,631 euros o litro, respectivamente).
Debedes axustar a producción a 28 días, este ano febreiro ten 1 día máis.
A suba global axustada en febreiro é do 1,98%