Media de 2530 euros na poxa de gando frisón de Ordes

Este domingo pola mañá celebrouse en Mesón do Vento a Poxa de Gando Frisón de Ordes, na que saíron a venda 10 animais, -xovencas preñadas e primerizas- procedentes de ganderías coruñesas.

A poxa, organizada por Africor Coruña e o concello de Ordes, rexistrou un prezo medio por animal de 2530 euros e un volume total de vendas de 25300 euros.

A maior cotización acadouna G. Dubra S.C. Scotch 696, da gandería Dubra S.C que foi adquirida por 3000 euros por José Ramón Carballeiro Becerra.

Velaquí os resultados da poxa:

poxa ordes resultados 2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información