Media de 2794 euros por animal na Poxa de Gando Frisón de Santa Comba

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Santa Comba a edición número vintecinco da súa Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña, en colaboración co concello, a deputación, Xunta de Galicia e a cooperativa Xallas.

Finalmente vendéronse 27 animais cun prezo medio de 2794 euros, unha cotización alta na liña das últimas subastas celebradas en Galicia.

O prezo máis alto acadouno GRILLE DELTA LAMBDA AL 1756, da gandería Grille S.Cooperativa, que foi adquirida por 3.900 euros por Granxa Riveiro, de Vimianzo (A Coruña).

Velaquí os resultados completos:

POXA SANTA COMBA 24

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información