Este domingo celebrouse no concello coruñés de Boimorto a oitava Poxa de Gando de Leite, organizada por Africor Coruña e o municipio no marco da feira de maquinaria agrícola e forestal MAGRECO.
Vendéronse 11 dos 13 animáis que sairon a poxa (tanto xovencas preñadas como vacas paridas) por un prezo medio de 3609 euros, bastante por riba das últimas subastas (a modo de exemplo, na de Santa Comba a media roldou os 2794 euros). É certo que esta media elevouse grazas ao animal que acadou a máxima cotización, Saamil Torrel 3153, que foi adquirida por 6100 euros por José Ramón Carballeiro Becerra, que tamén comprou outros tres animais.
Estes foron os resultados da poxa: