Máis de 30.000 degustacións vendidas na XV Feira do Viño de Monterrei

Publicidade
Máis de 30.000 degustacións vendidas na XV Feira do Viño de Monterrei

Feira do Viño Monterrei.

A Feira do Viño de Monterrei superou, de novo, todas as previsións, e esta última edición clausurouse cun incremento tanto do número de visitantes á feira como de degustacións, segundo indicaron dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe. Nesta ocasión superáronse as 30.000 degustacións vendidas nos tres días de feira, o que supón aproximadamente un 8% máis que na edición do ano 2019, que ata este momento fora a máis exitosa.

“Atopámonos ante unha cita vitivinícola consolidada que, ano a ano, aumenta o número de visitantes, venda de tickets-degustación e de botellas de viño”, comenta a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva. “Ademais, nesta ocasión, puidemos comprobar como aumentou o interese da cultura do viño na xente nova, xa que moitos dos visitantes que recibimos este ano sitúanse no rango de entre os 20 a 35 anos. Todo iso, sen esquecer que o espazo foi compartido, como sempre, por familias, amigos e coñecidos, que se puideron reencontrar despois destes dous longos anos para todos nós. Por tanto, estamos moi agradecidos pola acollida que o evento tivo, e esperamos seguir respondéndolle aos consumidores como mellor sabemos facelo, a través duns viños cunha excelente calidade recoñecida”, valora Da Silva. 

Adegas participantes

Na última edición da Feira do Viño Monterrei participaron un total de 18 adegas inscritas na denominación: Ladairo, Gargalo, Valderello, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Adegas Terrae, Tapias Mariñan, Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Bodega Abeledos S.L., Setembro, Bodega Franco Basalo, Adegas Daniel Fernández, Adega Trasdovento, Adega Manuel Vázquez e Serra de Alén.

Casetas gastronómicas

Así mesmo, estiveron presentes postos de gastronomía como A Alacena para llevar, Conservas de Santoña, Jamones Don Francisco, Queixería Gaia, Alacena Produtos Delicatessen, Panadería Roscas, Casa do Pulpo e Misco-Midas Food Truck.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información