Maio comeza con suba da manteiga e baixada do leite en po na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da primeira semana de maio dos produtos lácteos nos mercados internacionais.

PREZOS LEITE MAIO 24 1 UE

O mes comeza na UE cunha suba no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, e cunha leve baixada nas cotizacións do leite en pó desnatado, mentres que o queixo cheddar mantense sen cambios.

O prezo do leite spot en Italia recupérase e sobe ata os 0,438 euros o litro. O prezo medio na Unión Europea prevese que quedou en abril nos 0,4631 euros o litro, un 0,2% menos que en marzo.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de maio para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 579 €/100 kg, +0,9 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 238 €/100 kg, -0,9 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 361 €/100 kg, -0,02 % ,,
-Queixo cheddar: 392 € /100 kg +0,3%

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información