Jack Rodenburg: “Co robot de muxido as vacas teñen que sentirse seguras”

Jack Rodenburg é un asesor lácteo canadense experto en explotacións robotizadas desde hai 48 anos. Desde o seu punto de vista, a comodidade das vacas, a amplitude de espazo preto dos robots e as facilidades para separalas e organizalas son aspectos fundamentais

Jack Rodenburg: “Co robot de muxido as vacas teñen que sentirse seguras”

O curral de entrada dividido foi un concepto desenvolto fai 20 anos por Rodenburg e agora utilízase en todo el mundo. Fonte: Jack Rodenburg

A comodidade das vacas e a eficacia do traballo están entre as prioridades da implementación dun muxido robotizado en granxa do asesor lácteo canadense Jack Rodenburg. O paso dos anos demostroulle que “as vacas cómodas producían máis leite e que o leite extra custaba moi pouco”, afirma este experto, coautor dun dos poucos manuais sobre muxido robotizado.

Deste xeito., parámetros como os espazos preto do robot, entre os pesebres e nos corredores, xunto a unha boa ventilación e xestión do estrés térmico son cuestións que favorecen o benestar animal, e polo tanto, a produción láctea. Falamos con sobre as claves para sacarlle o máximo proveito ao robot de muxido nas granxas. 

Vostede leva máis de 40 anos traballando no sector do vacún de leite, achegando solucións para un maior confort dos animais. Que lle levou a traballar neste sector?
Empecei a traballar como asesor lácteo en Canadá en 1974, así que xa son 48 anos. Medrei nunha pequena explotación leiteira de estabulación fixa e vin a necesidade crítica de que a nosa industria no estado de Ontario se convertese á estabulación libre tanto pola mellora da eficiencia do traballo como pola mellora do confort das vacas.

Asesorar aos produtores que estaban cambiando a granxas de estabulación libre naquela época permitiume centrarme en ofrecer o máximo confort á vaca. Tamén traballei moito en nutrición leiteira naquel entón, pero a experiencia rápido me demostrou que as vacas cómodas producían máis leite, e que o leite extra custaba moi pouco.

“As vacas cómodas producen máis leite e este leite extra custa moi pouco”

O seu campo de especialización é o das solucións de enxeñaría para mellorar o benestar dos animais e aumentar a eficacia da súa produción. En que temas se centra?
Deseño granxas para clientes de todo o mundo, e as miñas prioridades son a comodidade das vacas e a eficacia do traballo. A énfase na comodidade das vacas vira ao redor duns establos cómodos e ben deseñados, con frontes abertas para que as vacas poidan moverse cara adiante e, preferiblemente, con camas de area que proporcionen unha base limpa e seca que ofreza un excelente agarre para levantarse e deitarse, ademais dun lugar limpo e seco para os ubres cunha exposición mínima dos tetos ás bacterias. Tamén me aseguro de que haxa suficiente espazo no pesebre e nos corredores para que as vacas poidan comer e moverse sen obstáculos.

Nunha granxa robotizada, o espazo preto dos robots tamén é importante para garantir que as vacas tímidas se sintan seguras ao ir alí a muxirse. Outro criterio importante é poder separar facilmente ás vacas no robot e ofrecer un lugar onde poidan ser tratadas, examinadas e manipuladas co mínimo estrés para a vaca e o operario. Por outro lado, a ventilación e a xestión do estrés térmico son cuestións clave para a comodidade das vacas. Ademais, un bo deseño para a manipulación do xurro e o penso son áreas importantes para o aforro de man de obra.

Se nos centramos na vixilancia das vacas, no seguimento do seu comportamento ou nas ‘granxas intelixentes’, cal é o camiño a seguir para optimizar o rendemento da tecnoloxía na granxa?
Creo que as recentes melloras na duración das baterías fan prever que nos próximos dez anos esta tecnoloxía será moito máis práctica. O investimento ten que basearse no aforro de tempo de xestión e na mellora do rendemento, e nunha granxa leiteira ben xestionada.

A miúdo é difícil atopar a rendibilidade. Por exemplo, se ten moi poucos casos de mastite clínica, os contadores de células somáticas que proporcionan recontos diarios de células en todas as súas vacas non ofrecen ningún beneficio real. Os mellores resultados obtéñense coa pedometría, que reduce o tempo de observación dos celos, e coa monitorización da rumia, que pode identificar ás vacas con problemas metabólicos. Así que o meu consello é comprar as cousas que funcionan e que teñen en conta aquilo no que se gasta o tempo agora, pero ser cauteloso coas cousas que responden ás preguntas que non é necesario facer.

Unha parte do teu traballo dedícase ao deseño e xestión de sistemas de muxido automatizados e á creación de explotacións adaptadas, entre outros. Que aspectos teñen que ser diferentes nas instalacións dunha granxa robotizada e unha tradicional?
Co muxido robotizado, as vacas teñen que sentirse seguras ao ir muxirse soas, polo que é importante un espazo aberto diante dos robots con vías de escape en ambas as direccións. Os establos cómodos para que as vacas poidan deitarse de 12 a 14 horas ao día, dan como resultado máis espazo nos corredores, unha maior frecuencia de muxido e menos vacas pendentes de muxir.

Raspar os corredores de esterco ou xurro cos tractores é demasiado molesto, polo que estas granxas deberían ter arrobadeiras mecánicas, rascadores robóticos ou listóns para que as vacas non se distraian. A separación das vacas para o seu manexo realízase durante todo o día en momentos imprevisibles, polo que as instalacións para iso deben estar ben deseñadas e necesítanse diferentes protocolos para realizar este traballo de forma eficiente. As granxas de seis filas con alimentación perimetral, é dicir, con corredores de alimentación no exterior a ambos os dous lados, funcionan moi ben para isto.

Ademais dunha infraestrutura adecuada, que factores favorecen a eficacia do robot?
Os pensos granulados de boa calidade e as dietas con alto contido en forraxes altamente dixeribles permiten un muxido frecuente e unha alta produción. As vacas seleccionadas para unha boa colocación dos tetos e unha velocidade de muxido superior á media reducen o tempo no box e melloran a eficiencia do robot. Manter os ubres libres de pelo segundo sexa necesario durante a lactación tamén mellora o tempo de axuste e reduce as faltas.

“O intervalo de tempo de muxido en robot é un carácter herdable para seleccionar as vacas”

Como debe adaptarse a alimentación ou a xenética a unha granxa robotizada?
Deberíase criar para que teñan tetos ben situados e dun tamaño moderado. Ademais, unha vaca con boas patas e cascos para que camiñe con confianza facilita a dinámica de muxido; en definitiva, débese seleccionar para ter unha velocidade de muxido media ou mellor. As granxas lácteas de todo o mundo necesitan controlar un novo dato sobre as nosas vacas, e é o intervalo de tempo medio desde que unha vaca é apta para o muxido ata que entra no box voluntariamente. Creo que isto é altamente herdable e axudaranos a seleccionar as vacas que van ao robot cando queremos que o fagan. A alimentación debe incluír no robot un penso granulado duro que non se desfaga ao manipulalo. E as táboas de alimentación no robot deben reflectir o que ocorre coa inxesta no pesebre.

Está desenvolvendo agora algún proxecto que poida supoñer un avance no sector lácteo?
Aínda que non teño un papel directo no desenvolvemento de tecnoloxía, si que fago consultarías con innovadores e de cando en vez participo en probas piloto de novos proxectos e equipos. A demanda de produtos lácteos segue aumentando en todo o mundo. A pesar de todos os retos aos que se enfronta a industria, creo que o futuro é o suficientemente brillante como para que os emprendedores sigan atopando novas solucións. Cando eu era un neno, unha hora de traballo na nosa granxa daba lugar a uns 35 litros de leite. Hoxe, algúns dos meus clientes producen máis de 10 veces esa cantidade por hora con vacas que producen o dobre de leite e cunha tecnoloxía que lles permite manexar 5 veces máis vacas que hai 60 anos. Confío plenamente en que isto continuará no futuro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información