A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada de portas abertas o 9 de novembro en Gandaría Queirugueira, unha granxa con 3 robots Lely Astronaut

xornada lely val do dubraO próximo día 9 de novembro, Lely celebrará unha xornada de portas abertas na Gandaría Queirugueira, no Val do Dubra (A Coruña) , a partir das 10:00 e ata as 18:00 horas. A xente que o desexe poderá acudir para coñecer unha gandaría de 180 vacas en muxido con 3 robots Lely Astronaut.

As xornadas de portas abertas son o momento perfecto para coñecer o día a día dunha granxa robotizada e ver como se xestiona o traballo diario nesta gandaría da Coruña.

Gandaría Queirugueira é unha explotación familiar xestionada polo matrimonio de Marcos Blanco e Patricia Vázquez, que exercerán de anfitrións para todo o mundo e contestarán as preguntas dos asistentes sobre o manexo do robot, produción diaria, reprodución, alimentación….Ademais, o persoal comercial de Lely tamén atenderá e resolverá calquera dúbida que os gandeiros poidan ter en relación aos robots de muxido.

QUEIRUGUEIRA LELY 2Esta gandaría do Val do Dubra leva máis de catro anos traballando con dous Lely Astronaut A5 e cun Lely A3. “Arrincamos primeiro cun A5 e co A3, e seis meses despois puxemos o seguinte A5”, comenta Marcos Blanco.
Queirugueira ten a súa granxa dividida en tres parques diferentes, un por cada robot de muxido. Ademais das 180 cabezas en produción, teñen unhas 400 cabezas en total entre recría e secas. En canto ao terreo, xestionan unhas 115 hectáreas para abastecer aos seus animais de comida.

Con respecto á produción de leite, esta granxa rolda os 41 litros por vaca e día, o que se traduce en máis de 7.000 litros diarios de produción de leite.

A nave, parte de formigón e parte de ferro, foi feita para os robots de muxido e para que cada lote traballase de forma independente.

QUEIRUGUEIRA LELY 3Os gandeiro Marcos Blando di que “non noto diferenza entre o A3 e os A5, é certo que se a vaca é máis intranquila, o A5 é máis rápido, pero o A3 é tamén unha gran máquina”. No selado si nota algunha diferenza porque “ao selar por láser, o A5 é máis preciso, aínda que por conseguinte tamén lle leva máis tempo esa acción”, apunta.

Onde máis diferenzas atopa é nas entradas aos robots, “as vacas entran e saen mellor dos A5 ao poder facelo recto, iso é unha gran vantaxe, xa que así a vaca non perde nada de tempo nin na entrada nin na saída”, argumenta Marcos.

Cando se lle pregunta ao gandeiro porqué escolleu Lely teno claro, “é o que máis tempo leva no mercado, nós queriamos ir ao seguro, e Lely era e é a mellor opción”. Pasados case cinco anos desde que se puxeron a funcionar os Astronauts en Queirugueira, Marcos non se arrepinte “en absoluto, non sei que pasaría con outra marca, pero sei que fixemos o mellor para nós”.

QUEIRUGUEIRA LELY 4O traballo diario é en grao sumo levadío para estes gandeiros da Coruña, que ademais contan con dous empregados “para que nos boten unha man no día a día, xa que tamén realizamos todo o traballo de laboreo”, conta Marcos. En canto aos atrasos, arriman vacas dúas veces ao día, “á primeira hora da mañá metemos os atrasos, e logo outra vez sobre o seis da tarde”. Non todos os días arriman as mesmas vacas, “pero é unha cifra que non chega a ser do 10% total do rabaño”, asegura.

Algo fundamental para Marcos e a súa muller Patricia é “ter sempre os robots ben coidados e limpos, dentro de que isto é unha granxa de vacas”, pero non lles gusta “ter as cousas desorganizadas, e para iso os robots son a mellor opción”.

A alimentación tamén é unha parte fundamental para Blanco, “temos unha ración bastante pesada pero moi boa para o animal”, nesta gandaría non dan moito penso no robot, “somos conservadores neste caso”. Desta forma, Marcos di que “as vacas están máis estables e pican máis a produción no pico de lactación, arrincan mellor así, xa que sempre queremos evitar os empachos e os brotes acidóticos”. A media de penso en robot por vaca e por día é de “4,5 kg de concentrado, e así vainos ben, tanto para a saúde da vaca como para as calidades”.

QUEIRUGUEIRA LELY 5A alimentación das vacas en Gandaría Queirugueira é de 7 kg de concentrado na cornadiza, con 4 kg de gran húmido, 30 de millo, 10 de herba e 300 gramos de palla. “Tentamos que as vacas non se poñan brandas con esta composición de ración”. Marcos asegura que “non por dar máis penso a vaca acode máis ao robot, ten que haber un equilibrio bo e unha achega enerxética extra que axude ao animal a producir máis leite”.

A dixestibilidade e a calidade das forraxes son básicos “para que todo vaia ben, as vacas cunha ración máis dixestible móvense e circulan moito mellor”.

O tres robots de muxido Lely Astronaut contan con áreas de separación, mesmo no lote do A3 teñen unha cama quente que usan como parideira, e así “temos ás vacas máis preto dos robots”. O uso destas áreas de separación é “para vacas máis delicadas e para aqueles animais que non queremos que compitan con outros dentro da corte”. En Queirugueira “non separamos celos, e mesmo usamos esas áreas para secar as vacas dunha forma máis natural, coa ración das vacas secas”.

QUEIRUGUEIRA LELY 6O tres lotes de muxido úsanos indistintamente, “non distribuímos con ningunha orde lóxica, mesturamos todas as vacas e ímolo xestionando segundo os partos e os secados de cada parque”, explica Marcos. “Antes tiñamos un robot só para as xovencas, pero ao final decidimos mesturar todo, para nós é mellor”.

As xovencas afanse moi rápido ao robot, aínda que para Blanco non hai unha regra establecida, opina que “adoitan ser animais máis áxiles cos que non hai que traballar moito tempo”.

Os cubículos son de ferro e as camas de area, coas cales Marcos asegura que están moi contentos. “Non hai nada que nos encaixase mellor na cama, antes tiñamos carbonato con serrín, pero non é comparable coa area”. Da composición da cama das vacas, di Blanco que “só ten un problema, cando o material cae da cama -ri-”. O rendemento que dá esta cama é “confort e un benestar para a vaca incrible”, apunta o gandeiro.

Para a reprodución, en Gandaría Queirugueira utilizan “seme sexado nas xovencas, salvo que algunha se alargue no tempo, e tamén o usamos coas vacas que son de elite, logo usamos algo de seme convencional para animais máis adultos e carne, porque senón, non teriamos onde meter tanta vaca”.QUEIRUGUEIRA LELY 7As vacas teñen colares de celo, rumia, inxesta e tensión por calor. “Unha vez entendes ben o sistema non queres outra cousa”. Os colares dan moita información individualizada de cada animal, “todos os datos son sumamente fiables e de interese para nós”, di Marcos. A rumia “fai que nos despreocupemos dos animais, porque nos avisa se a vaca pode ter algún problema”. Para Blanco, “cantos máis datos teñas, mellor podes xestionar todo”.

Os robots Lely Astronaut non teñen ningún extra, salvo a báscula que vén de serie co Lely A3. Para Marcos, os extras “non están mal, pero se tes ás vacas ben, nin os necesitas nin os botas de menos”.

O aumento da produción nesta gandaría coruñesa foi significativo, “foi máis ou menos duns catro litros por vaca e día”, asegura Marcos. “Pero é que ao final nesta granxa houbo moitos cambios, melloramos o confort e as instalacións ao facelas por e para o robot de muxido, pensando sempre no benestar das vacas”. Antes tamén gozaban dunha boa produción, pero o que notan agora en Queirugueira é “que non temos fluctuacións nas producións, estamos mellor e máis estables nese sentido”.QUEIRUGUEIRA LELY 8Para este gandeiro do Val do Dubra, “canto máis cómodas e mellor estean as vacas, máis leite dan”, por iso buscan sempre o maior confort para todos os seus animais.

Esta granxa conta tamén cun arrimador de comida Lely Juno Flex, algo que para Blanco é “fundamental, sobre todo pola noite, así cando chegas pola mañá todas as vacas teñen a comida ao seu alcance na cornadiza”.

O carro fano unha vez ao día, sempre pola mañá, menos na tempada de máis calor, que o fan dúas veces por día.

QUEIRUGUEIRA LELY 9Para Marcos, os robots de muxido “deixan moito máis tempo para atender ben a todo, temos moita máis flexibilidade que antes e estamos moi contentos, pero traballar hai que traballar”, finaliza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *