Innovación, o gran reto da nova PAC 2023-2027

O proxecto Kicap, coordinado pola Fundación Juana de Vega, abordou no último ano a importancia do Sistema de Información e Coñecemento Agrario (AKIS) da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal

O Sistema de Información e Coñecemento Agrario, AKIS polas súas siglas en inglés, está conformado por toda a rede público – privado que impulsa a innovación no agro. Desde centros de investigación, asesores agrarios ou oficinas agrarias ata empresas de servizos, centros de formación ou os propios produtores.

Analizar as fortalezas e debilidades do AKIS en Galicia e no Norte de Portugal foi o obxectivo do proxecto Kicap, que durante o último ano celebrou unha serie de seminarios na Eurorrexión con actores do AKIS (técnicos, Administracións, investigadores, produtores, etc.) e con estudantes.

O obxectivo dos seminarios e do propio proxecto era dobre. Por un lado, dar a coñecer a importancia do Sistema de Información e Coñecemento Agrario no marco da PAC 2023-2027, que marca retos claros nas prácticas agrarias a nivel ambiental e de produtividade. Doutro lado, concretar as fortalezas, debilidades e oportunidades que hai na Eurorrexión para impulsar o AKIS e mellorar a súa coordinación.

Este é o vídeo final resumo do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información