A Fundación Juana de Vega organiza o próximo 10 de maio unha xornada formativa na súa dede en Oleiros (A Coruña), para informar e axudar a agricultores e gandeiros a comercializar os seus produtos en circuítos curtos.
Desde setembro do 2020, a Fundación Juana de Vega estivo traballando no proxecto FOODIMPROV´IDERS en colaboración con cinco entidades europeas. Este proxecto forma parte da convocatoria Erasmus+ (KA204 Strategic Partnerships for adult education)e ten como obxectivo principal axudar aos produtores primarios da UE a adquirir coñecementos e competencias para desenvolver modelos de comercialización baseados en circuítos curtos que lles permitan vender os seus produtos.
Estes modelos, que están estreitamente vinculados a un territorio, teñen numerosas vantaxes, como mellorar a renda dos produtores, aumentar o recoñecemento e o prestixio do sector produtor de alimentos na sociedade, aumentan a satisfacción dos consumidores e desempeñar un papel importante nas estratexias de valorización dos territorios.
A xornada que levará a cabo ten como obxectivos principais presentar ao sector produtor de alimentos as ferramentas desenvolvidas no proxecto e ofrecer un marco de dialogo e intercambio que impulse e afiance as incitativas locais en liña coa Axenda 2030 e os obxectivos do Pacto Verde Europeo.
Máis información e incripciones nesta ligazón.
Este é o programa da xornada: