III Xornada sobre alternativas ao petróleo en aplicacións agrícolas, o 7 de marzo en Láncara

A Xornada está organizada polo MUVICLA e celebrarase en Traliste, Láncara

A ‘III Xornada sobre as alternativas ao petróleo en actividades agrícolas’ celebrarase na parroquia de Traliste, no Concello de Láncara. A xornada está organizada polo Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria” (MUVICLA) e desenvolverase o día 7 de marzo. Comezará ás 10:00 coa recepción de persoas convidadas e asistentes. Ás 13:30 haberá unha visita ás instalacións do MUVICLA e tamén se organizará unha comida nas mesmas instalacións.

Por último, ás 16:00 abrirase a mesa redonda “Agricultura e alimentación, con que enerxía?”. Ás 18:00 presentaranse as publicacións de anos anteriores. A clausura estará a cargo do alcalde de Láncara, Dario Antonio Piñeiro López e pecharase o acto coa intervención musical de “Airiños Aires”, con Marcos Vázquez Marey na gaita e Brais Vázquez Bande, percusión.

SOBRE O MUVICLA
En Trasliste, parroquia do concello lucense de Láncara, o 24 de xuño de 2019 viu a luz unha iniciativa museística nova e innovadora de carácter familiar, encabezada por Marcos Vázquez Marey.
MUVICLA, Colección Museográfica que significa “Museo vivo e integrado do campo e da locomoción agraria”, está integrado nunha casa de labranza tradicional galega, con máis de 200 anos de antigüidade, donde se producen alimentos para o mercado e o autoconsumo.

MUVICLA pretende ser a materialización do que unha casa de labranza pode aportar á cultura, ao patrimonio, ao medio, co obxectivo de difundir os valores, as capacidades, o coñecemento e a calidade de vida que ofrece o mundo rural galego.

O programa pódese consultar neste enlace.

Alternativas uso petróleo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información