Así se repartirán este ano as axudas do Plan Renove de maquinaria agrícola

Máis de 1.000 agricultores e gandeiros vanse a beneficiar das axudas do Plan de Renovación do Parque de Maquinaria Agrícola (Renove) 2023, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que destinou o orzamento máis alto até a data para este programa, 9,5 millóns de euros, un 45 % máis que o ano pasado.

Trátase dos datos provisionais rexistrados unha vez finalizado o prazo de solicitudes, que se cumpriu o pasado día 15 de setembro. O ministerio estima que o 96 % das solicitudes serán aceptadas e esgotaranse os fondos dispoñibles.

A convocatoria de 2023 é a de maior dimensión das realizadas até o momento, tanto polo número de solicitudes, como polo orzamento destinado. Aceptáronse 1.084 instancias, cun importe de subvencións de case 9,5 millóns de euros.

O investimento total realizada polos agricultores e gandeiros na adquisición de nova maquinaria supera os 38,5 millóns de euros, co que as axudas cobren case a cuarta parte do total (24,5 %).

Esta convocatoria propiciará a incorporación de máquinas agrícolas modernas, dotadas das últimas tecnoloxías, máis respectuosas co medio ambiente, máis eficaces, seguras e ergonómicas.

A distribución provisional das axudas é a seguinte:

renove 23 maquinaria

As máquinas que máis subvención van recibir son as sementadoras de sementeira directa, con 586 unidades renovadas, seguidas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e as abonadoras, con 197 e 107 unidades, respectivamente. A substitución de trituradoras de residuos vexetais tamén tivo unha gran acollida, con 102 unidades.

A maioría das unidades adquiridas axudarán aos agricultores a acollerse ás prácticas previstas nos ecorregímenes da Política Agraria Común (PAC).

Distribución por Comunidades Autónomas: Castela e León acapara case o 70% das axudas

As cifras provisionais mostran, un ano máis, o éxito do Plan Renove, e aínda que chega a todas as comunidades autónomas (excepto a Canarias), Castela e León sitúase moi por diante do resto, con 733 unidades e máis de 6,5 millóns de euros de subvención. Séguenlle Aragón, con 174 unidades e unhas axudas de 1,5 millóns de euros; e Cataluña, con 59 unidades subvencionadas con 509.000 euros.

A distribución por comunidades autónomas é a seguinte:

renove 23 comunidades

Cambios no Plan Renove 2023

En 2023, o plan Renove do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación mantivo a diferenciación en dúas liñas de investimento das últimas convocatorias, pero nesta ocasión unha dela dirixiuse ás sementadoras de sementeira directa e a outra para o resto de maquinaria.

O obxectivo de establecer unha liña específica para subvencionar a compra de sementadoras de sementeira directa é que este tipo de maquinaria é a ferramenta máis importante para levar a cabo unha agricultura de conservación que reduce os labores no campo, as emisións de CO2, aumenta o contido de materia orgánica do chan e prevén a súa erosión.

Na liña para a adquisición doutro tipo de maquinaria atópanse equipos como os sistemas de aplicación localizada de xurros, os de aplicación de produtos fitosanitarios ou as trituradoras de restos de poda, cuxa renovación contribúe tamén a obxectivos ambientais en liña coas políticas do ministerio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información