As gandarías galegas Baixo Holstein e Mantoño Holstein, logran o segundo e o terceiro posto como mellores criadores de España

Publicada a lista actualizada das 100 mellores gandarías de vacún de leite criadoras de raza frisoa cunha media de cualificación final CONAFE máis alta

As gandarías galegas Baixo Holstein, de Sarria, e Mantoño Holstein, de Barreiros, acaban de ser recoñecidas co segundo e o terceiro posto como mellores criadores de España no ano 2023.

Así se reflicte na relación dos cen mellores gandarías criadoras publicada pola Conafe (Confederación de Asociacións de Frisoa Española).

Na listaxe, a explotación sarriá obtivo unha puntuación media de 87,71 puntos e cedeu o primeiro posto por escasa marxe á gandaría asturiana Gran Diplomada Badiola SL, que foi puntuada con 87,86 puntos. O terceiro posto, con 87, 53 puntos, correspondeu a Mantoño Holstein, de Barreiros (Lugo), que repite o pódium do ano pasado.

MELLORES CRIADORES CONAFE 2023

Esta clasificación obtívose da media dos puntos das reprodutoras co mesmo prefixo gandeiro cualificadas na explotación de orixe ou na de destino, no caso de que fosen transferidas.

Consideráronse as gandarías de 17 reprodutoras ou máis, cunha porcentaxe inferior ao 5 % de RAA (Rexistro Auxiliar A) sobre o censo de reprodutoras e un mínimo de 10 animais nados e cualificados na gandaría.

As cualificacións utilizadas son as mellores de cada animal.

Reprodutoras: Censo de reprodutoras da gandaría criadora, vivas na granxa a 31 de decembro de 2022.

Cualificadas Criador: Total das vacas cualificadas, tanto na gandaría de orixe dos animais, como nas gandarías de destino, no caso de que cambiasen de propietario.

% segundo categoría: Porcentaxe de reprodutoras que alcanzaron a categoría EX, MB e BB. Calcúlase sobre as femias consideradas na columna “Cualificadas Criador”.

Cualificación media: Calcúlase sobre femias consideradas na columna “Cualificadas Criador”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información