Cambio da escala do ICO de CONAFE a partir de xuño para facilitar a interpretación do índice

Por acordo de Xunta de Goberno da Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) do 17 de febreiro de 2023, procederase a cambiar a escala do ICO a partir da avaliación xenética de xuño de 2023.

Este cambio consiste en:

1. Actualizar a base de referencia do ICO utilizando a mesma que para os caracteres que o compoñen; é dicir, a media das vacas avaliadas e nadas 10 anos antes. Por tanto, no caso de xuño de 2023 a base de referencia será a media das vacas avaliadas nadas en 2013.

2. A esta base de referencia asignaráselle o valor 1000.

3. Axustar a desviación do ICO do mesmo xeito que se aplica para os caracteres de tipo e funcionais; é dicir, a desviación do Catálogo oficial de touros probados das avaliacións nacionais de CONAFE.

4. Á desviación do catálogo de touros asignaráselle valor 100.

Con este cambio preténdese facilitar a interpretación do índice, xa que:

1. Os valores do ICO estarán referenciados á mesma base que os caracteres.

2. Será máis sinxelo ter referencias estables ao longo do tempo para poder situar aos animais en función do seu nivel xenético.

3. Con esta nova escala aseméllase á desviación do IM€ TLEITE e, por tanto, un punto de ICO aproximadamente representa 1 € de Rendibilidade por vaca e ano.

Este cambio non afecta ao ranking dos animais nin ao peso dos diferentes caracteres dentro do índice.

Sobre CONAFE

A Confederación de Asociacións de Frisoa Española, CONAFE, é a entidade de ámbito estatal integrada polas Asociacións e Federacións das Comunidades Autónomas, unha por cada Comunidade Autónoma, cuxos obxectivos principais teñen como denominador común o desenvolvemento de programas orientados á mellora e selección da Raza Frisoa.

Segundo datos ao 31 de decembro de 2021, están rexistradas en CONAFE un total de 4.918 gandarías con 724.723 animais inscritos no Libro Xenealóxico, dos cales 2.740 son machos e 721.983 femias (473.741 reprodutoras e 248.242 crías). A media de produción é de 10.786 kg de leite, ao 3,725 de graxa e 3,27% de proteína, en lactación normalizada a 305 días (datos 31/12/2021).

Os principais programas da Confederación son a Xestión do Libro Xenealóxico, o Programa de Cualificación Morfolóxica, as Avaliacións Xenéticas e Xenómicas, Programa de Axustes (CONAFEMAT), Programa de Información sobre Saúde Podal (I-SAP), Programa de Información sobre Saúde (I-SA) e a xestión da base de datos de Control Leiteiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información