Asinado un acordo para comercializar carne de Ternera Gallega Suprema en Luxemburgo

ternera gallega_convenio_luxemburgo_1O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acaba de asinar un acordo para a comercialización de carne de Ternera Gallega Suprema en Luxemburgo, onde será vendida a a través do grupo Steffen, que xestiona varias carnizarías, restaurantes e cátering, cun total de once puntos de venda.

O acto de sinatura celebrouse na sede do Consello Regulador en Santiago de Compostela, coa presenza do seu presidente, Jesús González, e do fundador e propietario maioritario do grupo, Frank Steffen.

Este convenio formaliza e reforza as relacións comerciais iniciadas xa a principios de ano coa empresa cárnica, froito do labor promocional e divulgativo desenvolvido polo Consello Regulador en Luxemburgo desde o 2022 e que se suma ao que realiza de xeito habitual en Alemaña. Tras participar nunha misión comercial inversa en xaneiro, o grupo Steffen converteuse en poucos meses nun dos principais comercializadores de Ternera Gallega
Suprema fóra de España.

Durante a firma do convenio, o seu fundador puxo en valor a alta calidade do produto certificado e os bos datos de implantación nos seus puntos de venda en Luxemburgo; país con case 700.000 habitantes que ofrece grandes posibilidades de futuro no seu mercado.

Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador destacou a confianza amosada polo grupo Steffen en tan pouco tempo e a súa firme determinación en comercializar Ternera Gallega.

Importante presenza en Alemaña

No país xermano, Ternera Gallega ten firmados acordos de colaboración cunha quincena de puntos de venda, tanto en carnizarías tradicionais coma nas cadeas Edeka e Rewe, situados en diferentes localidades: Bremen, Jülich, Hannover, Ulm ou Hagen. Destacan as relacións consolidadas con grupos de referencia como Otto Gourmet, a maior compañía alemá de venda online de carnes premium, e FD Fleischerdienst, grosista para restauración e carnizarías no estado de Baviera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información