Gadis ofrece subir 1 céntimo máis o leite de marca branca e etiquetar a orixe de todos os produtos lácteos

A proposta de Gadis, presentada esta mediodía nunha reunión en Lalín, terá que ser aprobada nas asembleas dos gandeiros na Coruña, en Lugo e en Lalín.

Gadis ofrece subir 1 céntimo máis o leite de marca branca e etiquetar a orixe de todos os produtos lácteos

Supermercado Gadis. Foto: Gadisa

Gadisa comprometeuse este mediodía cos gandeiros a subir 3 céntimos o leite na súa marca branca -2 que xa aplicou dende outubro a 1 máis en xaneiro- e a etiquetar a orixe de todos os produtos lácteos que vende. Estes foron os principais puntos da oferta presentada este mediodía por representantes de Gadisa na reunión que mantiveron en Lalín con membros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego.

Por parte dos gandeiros participaron na reunión representantes de Unións Agrarias, do Sindicato Labrego Galego, da Cooperativa O Rodo (Rodeiro), e representantes das asembleas de gandeiros da Coruña, de Lugo e de Lalín.

En concreto, a oferta presentada recolle os seguintes puntos:

-Gadis asegura que, como asinante do acordo lácteo do 23 de setembro, aplicou dende outubro unha suba de 2 céntimos por litro no seu leite de marca branca, Camponuestro, un aumento que lle trasladou á industria provedora, Feiraco, para que revirta nos gandeiros da cooperativa. A partir do 1 de xaneiro, Gadisa comprométese a aplicar unha suba dun céntimo máis por litro. Sen embargo, este compromiso verbal presentado na reunión non aparece no comunicado remitido pola compañía, desde a que indican que “a medida estudarase en xaneiro”.

Javier Iglesias, responsable de Gandería de Unións Agrarias, e presente na reunión, lembra que “terán que ser os socios de Feiraco os que lle esixan á cooperativa que lles traslade esa suba”.

-Poñer en valor a orixe galega no seu leite de marca branca: Gadisa anunciou na reunión que nos vindeiros 2/3 meses cambiará o envase da súa marca branca Camponuestro para darlle un novo deseño e destacar que provén de explotacións lácteas galegas.

-O terceiro punto do acordo é que Gadis comprométese ao longo dos vindeiros meses a que todos os seus provedores de leite e de derivados lácteos (queixos, iogures…etc) indiquen na etiqueta a orixe do leite.

Os gandeiros socios de Feiraco serán os que tomen a decisión de esixirlle á cooperativa que aplique a suba ofrecida por Gadis

Para Javier Iglesias, representante de UUAA “o balance da reunión é positivo e produtivo”. Agora serán os gandeiros, principalmente os socios de Feiraco, os que decidan en asemblea se aceptan o compromiso de Gadisa ou non. As asembleas serán ás 18:00 horas na Coruña e ás 22:00 horas tanto en Lugo, diante do Carrefour, como en Lalín, diante do Gadis do Centro Comercial Pontiñas.

De aceptar o acordo, sería o cuarto que conseguen os gandeiros despois de 12 días de mobilizacións e bloqueos ás grandes cadeas de distribución, ás que acusan de incumprir o acordo lácteo e impedir que suban os prezos do leite en orixe, que en Galicia están nunha media de 28 céntimos, por debaixo dos custos de produción, segundo os gandeiros.

Comunicado de Gadisa: 

GADISA REAFIRMA SU COMPROMISO

CON EL SECTOR LÁCTEO GALLEGO

El director comercial de la compañía, Santiago Codesido, ha informado a los ganaderos y representantes sindicales sobre las medidas adoptadas en beneficio del sector lácteo que se aplican desde el mes de octubre, entre las que destaca la subida de 2 céntimos el litro de leche al proveedor de la marca blanca

GADISA, empresa con capital 100% gallego, reafirma su compromiso con el sector lácteo de Galicia. La compañía recuerda que cumple rigurosamente el acuerdo alcanzado a finales del pasado mes de septiembre en Madrid entre la industria láctea, los productores y las empresas de distribución.

El director comercial de GADISA, Santiago Codesido, ha mantenido en Lalín dos encuentros en las últimas horas con ganaderos y representantes sindicales, a los que ha explicado todas las medidas adoptadas y aplicadas por la empresa en beneficio del sector.

Desde el mes de octubre, GADISA paga 2 céntimos más el litro de leche a su proveedor de la marca blanca Camponuestro, la cooperativa gallega Feiraco. En este sentido, la compañía muestra su preocupación porque existen otros operadores que, pese a ratificar el acuerdo, continúan utilizando la leche como producto reclamo en sus puntos de venta.

Otra de las medidas adoptadas ha sido el aumento significativo del plazo de contratación de la leche de marca blanca.

Respecto al etiquetado de los productos, la empresa incluirá el sello Origen de Galicia en todos los envases de leche de marca blanca en un plazo de 3 semanas, e indicará el origen en el etiquetado de la leche y derivados lácteos, tras haber solicitado la correspondiente información a los diferentes proveedores.

GADISA reitera una vez más su compromiso y apoyo al sector lácteo gallego. Tal y como queda de manifiesto, la compañía ha desarrollado diversas acciones para contribuir a que el sector lácteo genere más valor en la cadena y este valor repercuta en todos los eslabones de la misma, incluyendo, lógicamente a los productores.

La empresa ha mostrado en todo momento su mejor predisposición y el máximo respeto a los productores, a la industria, al distribuidor y al consumidor, tratando siempre de posibilitar soluciones a los problemas a medio y largo plazo, de aquí que rubricase el acuerdo nacional alcanzado sobre la estabilidad y sostenibilidad de la cadena de valor del sector de la leche, que cumple a rajatabla. Por estas razones, GADISA muestra su sorpresa por el bloqueo de acceso a las mercancías en el Gadis Hiper de Lalín y confía en que esta situación finalice lo antes posible.

Betanzos, 22 de diciembre de 2015

Jose Luis Fernández Astray

Dtor. Comunicación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información