A FRUGA considera “desastrosa” a campaña da Xunta de vacinación contra a lingua azul

A Federación Rural Galega (FRUGA) manifestou hoxe a través dun comunicado o seu malestar ante o proceso de vacinación contra a lingua azul, que se está a levar desde a Consellería do Medio Rural. “A parte das múltiplas perdas que se deron como consecuencia da implantación da vacina, agora atopámonos cunha xestión totalmente desastrosa”, advirten dende a organización agraria.

En concreto, considera que “actualmente os servizos veterinarios que ten a Xunta de Galicia para levar adiante estas tarefas, son practicamente inexistentes, debido a escaseza de persoal veterinario destinado as labores de vacinación”. Ante esta situación, a FRUGA critica que “a solución que pon en marcha a Consellería do Medio rural pasa por habilitar veterinarios particulares para estas tarefas, pero eses veterinarios como é lóxico non van facer o traballo gratis, e desde a Consellería non van recibir ningún tipo de retribución, co cal os gandeiros e gandeiras galegas de zonas afectadas, vanse ver na obriga de pagar para que as súas reses sexan vacinadas”.

Ademáis, dende a Federación Rural Galega denuncian que “as explotacións gandeiras galegas, vense afectadas na medida en que parte das súas reses non poden ser vendidas, debido a non ser vacinadas en tempo”. “Nunha explotación leiteira, por exemplo, podemos observar como os xatos de recría, van ter que permanecer na explotación varios meses, cando actualmente se vendían no primeiro mes de vida, algo que aumenta de forma considerable as perdas neste tipo de explotacións, tendo en conta, o escaso prezo que teñen estas reses”, subliñan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información