Data inicio: 08/04/2016
Data fin: 08/04/2016
Lugar: Hotel Tryp Santiago, Santiago de Compostela, España
Ence organiza este venres un foro en Santiago para analizar e debatir sobre o presente e futuro do eucalipto en Galicia. O evento, aberto á participación de todas as persoas interesadas, desenvolverase entre as 5 e as 8.30 da tarde no Hotel Tryp, ubicado no Restollal.
A xornada contará con relatorios a cargo de Antonio de María Angulo, presidente de Silvanus e profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra (Uvigo), do empresario madeireiro Daniel Villapol; da secretaria xeral de Confemadera Galicia, Ana Oróns, así como do responsable de Investigación máis Desenvolvemento para mellora das plantacións de eucalipto de Ence, Fernando Basurco. Participará tamén o empresario José Luis Souto Espiñeira.
O foro abordará temas como os usos da madeira, a certificación forestal e a sustentabilidade dos cultivos. Actuará de moderador Alejandro Oliveros, director de Ordenación Forestal de Ence. Tras cada orador haberá un turno de preguntas e debate.