Festa da vendima este sábado en Monterrei

Publicidade
Festa da vendima este sábado en Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei estará presente na II Festa da Vendima da vila de Monterrei, que terá lugar este sábado 14 de outubro nas inmediacións do Castelo de Monterrei. O Consello Regulador contará cunha caseta propia onde ofrecerá información da denominación, características edafoclimáticas, variedades de uva ou peculiaridades dos brancos e tintos, entre outras cuestións. Ademais, os que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar os viños da denominación.

As adegas que forman parte da iniciativa son: son: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis GómezIbáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara) Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada y Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información