Faladoiro en Zas sobre xestión forestal sostible

Dentro das accións enmarcadas no proxecto de Cooperación “Paisaxes Intelixentes” no que o GDR Costa da Morte participa xunto con outros 4 GDRs (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra – Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa), levarase a cabo o primeiro dos faladoiros previstos para o vindeiro mes de setembro.

Este primer faladoiro – “Xestión Forestal Sostible” – celebrarase o vindeiro xoves 7 de setembro ás 19:00 horas no Centro Social de Baio e centrarase en dar unha visión xeral sobre diversas estratexias para a administración e uso dos bosques e terreos forestais dunha maneira que manteñan a súa biodiversidade e o seu potencial para cumprir coas funcións pertinentes en materia social, económica e ecolóxica a nivel global sen causar danos a outros ecosistemas.

As temáticas centrais deste faladoiro serán as seguintes:

-Mercados de carbono para a xestión forestal. Poñente: Alba M. Devesa Fernández.
-Certificación PEFC de xestión forestal e cadea de custodia de produtos forestais. Poñente: Elsa Grille Lorenzo. Xerente PEFC Galicia.
-Os modelos silvícolas como ferramenta de xestión. Poñente: Érika Martínez Carreira. Directora Xeral da empresa FORESIN.
-Exemplos de xestión forestal. Poñencias: CMVMV Baroña, Porto do Son (A Coruña); SOFOR Monte de Olveira, Dumbría (A Coruña).

Ao remate do acto ofrecerase un aperitivo aos asistentes.

Inscricións en: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65

CARTEL XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE BAIO 7-9-2023 FALADOIROS PAISAXES INTELIXENTES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información