As exportacións agroalimentarias e pesqueiras baten un récord superior aos 68.000 millóns de euros

As exportacións agroalimentarias e pesqueiras supuxeron o 17,5% de todo o conxunto da economía española, e as importacións o 11,8%.

As exportacións agroalimentarias e pesqueiras baten un récord superior aos 68.000 millóns de euros

O Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación (MAPA) deu a coñecer as cifras de exportacións agroalimentarias e pesqueiras españolas que superan os 68.000 millóns de euros en 2022. Estas vendas ao exterior supuxeron un 17,5% do conxunto económico español e un incremento do 13,1% sobre os datos de 2021. Pola súa parte, as importacións do mesmo sector incrementáronse un 31% respecto ao 2021, chegando aos 54.150 millóns de euros, o que supón un 11,8% da economía española.

As exportacións agroalimentarias e pesqueiras experimentaron en 2022 un incremento do 13,1 % respecto ao exercicio anterior e alcanzaron a cifra récord de 68.018 millóns de euros. A invasión rusa de Ucraína en febreiro de 2022 proxectou importantes efectos sobre a economía europea e mundial, agravados no ámbito agroalimentario por tratarse de dous grandes produtores mundiais. No escenario actual, caracterizado polos altos prezos internacionais dos produtos, no conxunto da economía española as exportacións incrementáronse un 23,6% respecto a 2021.

Neste contexto, o saldo comercial (exportacións menos importacións) do total da economía reduciuse nun 116,7 % respecto a 2021, e o do sector agroalimentario e pesqueiro baixou un 26 %, quedando en 13.869 millóns de euros, motivado polo notable incremento do valor das importacións.

Como apunte destacable do importante papel que ten o sector agroalimentario e pesqueiro no comercio exterior español é que as súas exportacións supuxeron o 17,5% das do conxunto da economía, e as súas importacións o 11,8%.

lácteos MAPA

Polo que respecta aos principais subsectores exportadores en 2022:

Por importancia económica sitúase en primeiro lugar o grupo das froitas, con 9.845 millóns de euros, seguido polo das carnes, con 9.708 millóns de euros; e o das hortalizas (8.029 millóns de euros).

O grupo de aceites e graxas é o que presenta un maior aumento das exportacións respecto a 2021, cun incremento do 33,1% e un valor exportado total de 7.194 millóns de euros. O grupo das bebidas rexistrou un aumento do 8,6% dentro das súas exportacións.

Sobre os destinos das exportacións agroalimentarias e pesqueiras en 2022:

Un 64,1 % das exportacións dirixíronse á Unión Europea (UE-27), con aumento do 15 % respecto a 2021.As exportacións a terceiros países (35,9 % do total), incrementáronse nun 9,9 %.

Estes datos proveñen do Informe Anual de Comercio Exterior publicado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que contén unha análise detallada e actualizada das principais magnitudes e indicadores, que permiten coñecer en profundidade a situación actual. O estudo está elaborado sobre a base dos datos provisionais do ano 2022 do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información