Listo para sair ao mercado o primeiro bioestimulante galego elaborado con algas
Dentro do proxecto Bio_Marterra, a empresa Porto Muíños ultima os detalles administrativos e técnicos dun produto que mellorará o rendemento das plantas de horta, as patacas e os viñedos con elementos e procesos totalmente naturais. Foi un dos anuncios que se fixeron dentro dunha xornada organizada en Lugo na que tamén se asegurou que o futuro da produción de algas en Galicia pasa polo seu cultivo e non pola recolección que se fai agora.