Archives

AGACA imparte un curso online sobre emprendemento no rural

AGACA imparte un curso online sobre emprendemento no rural busca definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural é un dos obxectivos do curso impartido por AGACA que comeza o 7 de maio e continúa o días 14, 21 e 28 de maio e 4 de xuño. O programa do curso inclúe aspectos coma apoios e axudas públicas á hora de poñer en marcha un proxecto, como xerar ideas de emprendemento e realizalas con éxito, elaboración dun plan emprendedor e análise económico, comercial, persoal e financeiro da súa viabilidade, xunto con previsión de resultados, e mesmo presenta 12 sectores que poden constituír unha oportunidade de negocio. Desenvólvese en horario de 09:30 a 14:30h, a través de aula virtual. A inscrición realízase en www.agaca.coop. Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Xornada online sobre oportunidades da cría de Porco Celta

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias  (AGACA) organiza para o 18 de abril unha xornada online e gratuíta sobre oportunidades de negocio da cría de porco celta. Para inscribirse é necesario completar este formulario. O 18 de abril terá lugar unha xornada online dedicada á crianza de porco celta, de 09:30 a 14:30 horas. Contarase con relatorios de especialistas na cría e investigación desta raza autóctona galega, provenientes de cooperativas entidades asociativas e investigadoras galegas e tamén cun centro de investigacións de Estremadura, que falará do porco ibérico.

Programa previsto:

09:30 – Conexión e benvida a participantes.. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA. 09:40 – Cría e alimentación nas explotacións de porco ibérico. Mercedes Izquierdo. Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura – CICYTEX. 10:30 – Características e bondades da carne de porco celta. Lucio García. Xefe Investigación do Centro Tecnolóxico da Carne. 11:10 – A crianza do porco celta e os seus efectos sobre o chan e a biodiversidade. María Rosa Mosquera. Universidade de Santiago. 11:50 – Breve descanso. 12:00 – Explotación e proxectos actuais de porco celta en Galicia. Iván Rodríguez. Director técnico da Asociación de Criadores de la Raza Porcina Celta – ASOPORCEL. 12:50 – O modelo cooperativo para a cría e comercialización do porco celta. Isabel Costas. Presidenta Tres Fuciños, S. Coop. Galega. 13:40 – Experiencia do porco celta na Comunidade de Montes de O Carballo. José Manuel Iglesias. Presidente da Comunidade de Montes de O Carballo. 14:10 – Preguntas e comentarios. Participantes e relatores. 14:20 – Comentarios finais e clausura da xornada. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA. 14:30 – Fin da xornada.l. Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83. AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Últimas prazas para a xornada formativa sobre a produción de leite en ecolóxico

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o vindeiro xoves,  14 de marzo, unha xornada online dedicada á produción de leite ecolóxico, de 09:30 a 14:30 horas. Os diferentes ponentes abordarán as oportunidade de negocio deste sector así como os requisitos e tendencias actuais de mercado. A asistencia require dunha inscrición gratuita que pode formalizarse a través deste cuestionario. Para máis información pódese chamar ao 981 58 47 83. As intervencións correrán a cargo de entidades e cooperativas con experiencia na produción, compra e transformación de leite ecolóxico, e ademais contarán cun representante do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) para explicar a cualificación como explotación ecolóxica e tendencias de mercado, e cun consultor que explicará o rol da gandería ecolóxica na conservación ambiental e da biodiversidade. Esta acción formativa enmárcase nun ciclo de xornadas formativas que suma un total de 12, cada unha delas dedicada a unha oportunidade de negocio. “Os obxectivos do ciclo son explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas”, amplían desde AGACA.

Programa

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA. 10:00 – Produción de leite ecolóxico: cualificación da explotación e tendencias de mercado. Javier García. Secretario técnico CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). 10:45 – A gandería ecolóxica e a conservación ambiental e da biodiversidade. José L. González. Consultor independente. 11:15 – Granxa Codesal: unha longa experiencia de premios en produción de leite ecolóxico. Ángel Rivas. Gandeiro en Exceleite. 11:30 – Breve descanso. 11:45 – O acceso aos pensos ecolóxicos: mercado. Rafael Pardo de Andrade. Veterinario en Campoastur. 12:15 – A valorización do leite ecolóxico en Cobideza: situación e tendencias. Román Santalla. Presidente de Cobideza. 12:45 – A Cernada: o salto da produción de leite á comercialización. Ana Corredoira. Gandeira. 13:15 – Casa Grande de Xanceda: O segredo do éxito en leite ecolóxico. Guillermo Martínez. Xerencia Casa Grande de Xanceda. 13:45 – O consumo de leite ecolóxico en España. José Sáez. Director de compras en Lactalis. 14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA. 14:30 – Fin da xornada.

Os agricultores e gandeiros de Ourense manteñen a tractorada até o xoves

Tractores dos agricultores e gandeiros concentrados este mércores pola tarde no polígono industrial Ourense mantén viva a chama das protestas de agricultores e gandeiros en Galicia. Os produtores chegados á capital ourensá desde Maceda, Montederramo, Allariz ou a Limia pasarán cos seus tractores a segunda noite na cidade das Burgas á espera de poder reunirse este xoves co director provincial do FOGGA, o organismo público da Xunta encargado da tramitación das axudas europeas da PAC. Uns 80 tractores e máis dun cento de persoas estiveron concentrados este mércores durante todo o día primeiro no centro da cidade, onde entregaron na Subdelegación do Goberno o manifesto coas súas demandas, e pola tarde nos polígonos industriais de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, para pasar logo pola Cidade do Transporte antes de voltar ao centro da cidade, onde agardarán até mañá. Trala reunión este xoves no FOGGA, prevista para as 11:30 horas, teñen previsto levantar a protesta.
Os concentrados teñen previsto levantar a protesta este xoves pola mañá trala reunión no FOGGA
Marcos Quintas, da SAT Torneiros de Allariz, unha granxa de leite en ecolóxico que transforma e vende os seus produtos baixo a marca Ecoleia, é un dos gandeiros concentrados desde este martes en Ourense “para que a sociedade visualice que somos necesarios para que todo funcione”, di. A diferenza do que acontece noutros puntos de España, en Ourense non cortaron a autovía e están a tratar de causar os menos problemas posibles porque defenden que a súa é “unha manifestación pacífica que non quere facer dano á cidadanía” para convertela en aliada nas súas reclamacións. Malia a disparidade de sectores presentes, desde gandeiros de vacún de carne a produtores de cereal ou pataca, todos teñen un obxectivo común: “estamos loitando para que permaneza vivo o rural”, din. “Non pedimos cuestións concretas que nos beneficien de xeito individual, pedimos medidas xerais para todos”, defenden. Apertura dun diálogo ao máis alto nivel A Asociación Galega de Cooperativas (AGACA) solidarízase coas manifestacións e tractoradas dos produtores, que mostran “a situación de insostibilidade presente e futura que vai levarse por diante ao sector agrícola e gandeiro”, afirma. “As actuais mobilizacións son o resultado da absoluta frustración dunha gran parte do sector e da falta de diálogo. Nin a Comisión Europea, nin o Ministerio de Transición Ecolóxica recibiron aos representantes do sector agrario nos últimos 5 anos, nin debateron o cambio dun modelo produtivo complexo que debe ser aplicado polos agricultores e gandeiros. Limitáronse a poñer uns obxectivos ambiciosos, sen estudos de impacto e sen coñecemento da realidade produtiva nin dos mercados, sen evidencia científica, sen propoñer os medios necesarios para conseguilos e sen establecer un ritmo de progresión coherente e factible”, argumentan as cooperativas galegas. 
A entrada en vigor de normas absurdas acelera o abandono da produción e do medio agrario
Por iso AGACA esixe “un diálogo inmediato ao máis alto nivel, na UE e en España, para abordar de maneira coherente e con tempo, o cambio de modelo produtivo”. “A nova PAC, con menos presuposto e axudas, esixe a adopción de medidas medioambientais, de benestar animal e unha burocracia inabordable que os produtores non poden implantar a curto prazo”, argumenta. Para as cooperativas galegas, existe unha clara incoherencia entre os estritos requisitos esixidos a toda a produción europea fronte ás importacións de terceiros países que provocan unha desigualdade competitiva. “A agricultura e a gandería son o motor da UE, ningunha solución pasará por destruílas, senón por reforzalas e dar o valor que se merece á produción de alimentos europeos”, conclúen.

Os tractores chegan ao centro de Barcelona

Centos de tractores chegados desde as principais comarcas agrícolas e gandeiras de Cataluña confluíron este mércores na capital catalana, onde colapsaron as arterias principais, como as avenidas Meridiana e Diagonal, até chegar ao centro de Barcelona. O grupo máis numeroso procedía de Lleida e mantivo cortada durante toda a noite a autovía A-2. Ao amencer arrincaron a súa marcha cara a capital catalana, ao igual que outros grupos de tractores procedentes de Vic, Girona ou Tarragona. Ao chegar á cidade condal efectuaron paradas diante da Comisión Europea e o departamento de Acción polo Clima da Generalitat, antes de reunirse co presidente catalán, Pere Aragonés. Suman ás reclamacións dirixidas á UE (flexibilización da nova PAC, redución da burocracia e rebaixa das normativas ambientais) a solicitude do pago de axudas pola seca acusada que sofre Cataluña desde hai máis dun ano. As marchas están apoiadas polo sindicato Unió de Pagesos, maioritario en Cataluña e integrado a nivel estatal en Unión de Uniones, que ten convocada unha manifestación en Madrid o día 21 de febreiro. Peche do porto de Castellón Noutras comunidades as protestas de agricultores e gandeiros continuaron tamén este mércores, con cortes de estradas e bloqueos de infraestruturas como por exemplo o porto de Castellón, que estivo pechado boa parte da mañá até que a Policía desaloxou aos manifestantes, que denuncian a entrada de froitas e verduras de terceiros países con menores esixencias en materia de produtos fitosanitarios e esixen controis máis estritos.
Os medios de comunicación ligan á plataforma 6F, que trata de aglutinar as protestas, co partido de extrema dereita Vox
Houbo tamén protestas en Castela-A Mancha, Estremadura ou Navarra, un día antes de que os sindicatos agrarios maioritarios (Asaja, COAG e UPA) inicien este xoves o seu calendario de mobilizacións a nivel estatal. A plataforma que está tratando de aglutinar as protestas alternativas ás das organizacións agrarias, denominada plataforma 6F, está a ser sinalada nos medios de comunicación pola vinculación da súa portavoz, Lola Galán, co partido de extrema dereita Vox e coas protestas desenvolvidas en Ferraz durante a investidura do Goberno estatal. Desde a axencia Efe informan tamén de que hackers rusos iniciaron ataques contra institucións públicas españolas, en comunidades como País Vasco ou Murcia, "en solidariedade cos agricultores". Aprazamento do acordo con Mercosur Mentres, a nivel europeo, o Executivo comunitario segue movéndose ao ritmo marcado polas protestas. Se este martes a presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, anunciaba a decisión de paralizar a aprobación da nova Lei sobre Uso Sostible de Pesticidas, coa que Bruxelas pretendía reducir un 50% o uso de produtos fitosanitarios na UE en 2030, ao igual que a semana pasada ofrecía tamén unha moratoria á obriga de deixar sen cultivar un 4% das terras na PAC, este mércores o vicepresidente executivo da Comisión Europea e responsable do Pacto Verde Europeo, Maros Sefcovic, alonxaba a posibilidade dun pacto arancelario cos países do Mercosur a curto prazo.
O Tratado de Libre Comercio cos países suramericanos divide a Francia e Alemaña
Asegurou que non se cumpren as condicións neste momento para a sinatura do acordo comercial con Brasil, Arxentina, Uruguai e Paraguai, no que semella outra cesión ante as protestas dos agricultores e gandeiros que se estenden por Europa e que esixen a paralización do acordo. Pero esta decisión non é unánime dentro dos Estados membros. Países como Alemaña defenden a ratificación do Tratado de Libre Comercio con Mercosur mentres o Goberno francés se comprometeu cos agricultores e gandeiros galos a rexeitalo no seo das institucións europeas. As negociacións cos países suramericanos continúan, co foco posto nas esixencias da UE en materia de deforestación e loita contra o cambio climático.   As maiores axudas no que vai de século Pola súa banda, o ministro de Agricultura, Luis Planas, subliñou este mércores no Congreso dos Deputados que o Goberno español “escoita e comprende” aos agricultores e gandeiros e detallou que as medidas postas en marcha para dar solución aos seus problemas supoñen “o maior apoio ao sector neste século”. O ministro lembrou as axudas para facer fronte ás dificultades derivadas da seca e a guerra de Ucraína nos dous últimos anos por un valor superior aos 4.000 millóns de euros, dos que 1.400 son axudas directas.
A decisión da Comisión Europea de retirar o Regulamento sobre produtos fitosanitarios é intelixente e oportuna, valora o Ministerio
Planas recoñeceu ademais as dificultades do momento e o reto que supón a transición ecolóxica, e apelou ao diálogo e cooperación entre a Comisión Europea, o Goberno e as comunidades autónomas para conseguir os obxectivos. “As liñas deste Goberno son o diálogo, o traballo e o compromiso para solucionar os problemas”, sinalou. Por último, o ministro considerou “intelixente e oportuna” a decisión anunciada este martes pola presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, de retirar o Regulamento sobre produtos fitosanitarios que foi rexeitado polo Parlamento europeo, para abrir un proceso de diálogo no que se teña en conta a opinión dos agricultores, pero precisou que o obxectivo de redución á metade dos elementos máis nocivos está aí e debe ser o gran reto.
https://www.campogalego.gal/tractoradas-galegas-contra-burocracia-e-o-endurecemento-de-normas-ambientais-no-agro/

Xornada sobre o cultivo do té en Galicia

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) lanza un novo ciclo de xornadas en liña gratuítas que se centrarán en 12 oportunidades de negocio que se poden desenvolver no rural galego. As xornadas contarán con relatorios de persoas expertas en cada unha das diferentes áreas. O 8 de febreiro será xornada inaugural, dedicada á produción do té galego e o horario será de 09:30 a 14:30 horas. Contará con relatorios sobre a produción e comercialización do té, así como a súa historia, procedencia e tipos. Tamén se detallarán experiencias produtivas nas illas Azores (Portugal) e en Galicia, ademáis do Plan Estratéxico para comercialización do té de Areeiro. O programa completo da xornada pode conseguirse premendo “Descarga Doc1” . Os obxectivos da iniciativa son explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras, en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia, consideradas como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas. As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias das cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social. Para inscribirse é necesario completar este formulario. Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83. AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Xornada sobre sostibilidade, pegada de carbono e hídrica nas granxas de vacún de leite

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza o próximo luns día 27 e o martes 28 de febreiro senllas xornadas formativas sobre a sostibilidade nas granxas de vacún de leite. Técnicos de Agaca e do grupo BioGroup USC (Universidade de Santiago de Compostela) expoñerán a gandeiros e gandeiras socias de Aira que participaron no estudo “A mellora da competitividade das explotacións de gando de vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e pegada hídrica” as conclusións obtidas e as claves para reducir a pegada de carbono e hídrica nas súas granxas de leite. Este estudo desenvolvido por Agaca e BioGroup levouse a cabo realizando medicións exhaustivas en 100 granxas galegas produtoras de leite cunha media de 88 vacas en fase produtiva (50 delas, na comarca de Chantada-Sarria; 28 na mariña lucense; 7 das Terras de Melide e 15 na comarca de Barcala- Bergantiños). Tras publicarse as conclusións obtidas, iniciouse unha etapa de comunicación directa aos gandeiros e gandeiras para que poidan aplicar as recomendacións dos expertos. As primeiras xornadas de difusión realizáronse os días 15 e 16 deste mes en Ribadeo (Lugo) e Ames (A Coruña). As xornadas da vindeira semana celebraranse o luns na delegación da Cooperativa Aira en Chantada e o martes 28 en Lugo, no Hotel Santiago. Ambas xornadas comezarán ás 12.00 horas e prolongaranse polo resto da mañá. Detallamos o programa da xornada: 12:00 a 12:15 horas. Recepción de asistentes e entrega de documentación. 12:15 a 13:00 horas. Explicación do proxecto, que é a pegada de carbono e hídrica, métodos de cálculo, melloras para reducir as pegadas e rolda de preguntas. Relatores: Francisco López Calvo y Javier Martínez Caamaño. Técnicos de calidade e innovación alimentaria de Agaca. 13:00 a 14:00 horas. Presentación e interpretación dos cálculos de pegada de carbono e pegada hídrica. Relator: Eduardo Entrena Barbero. Estudante predoutoral de Enxeñaría Ambiental da USC.

Unha delegación turca visita AGACA para coñecer a súa experiencia en formación integral

No marco do proxecto “Women Empowerment in Agricultural Cooperatives” (Apoderamento de Mulleres en Cooperativas Agrícolas), no que participa a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) xunto con catro entidades europeas (tres turcas e unha italiana), unha delegación procedente de Turquía integrada por seis profesionais da formación de persoas adultas achegouse este luns ata AGAGA, en Santiago de Compostela, co fin de coñecer mellor as características dos cursos e programas que vimos impartindo dende a Asociación enfocados a mellorar a calidade da formación no ámbito das mulleres agricultoras das cooperativas agroalimentarias. Ademais das xornadas teóricas na propia sede de AGACA, o martes e mércores desprazaranse, xunto con técnicos e representantes da Asociación ata as cooperativas Clun e Horsal (leite e horta) e Pazo Baión, propiedade da cooperativa Condes de Albarei para coñecer máis de preto o contorno cooperativo galego. O proxecto comezou en 2022, estenderase ata o 2024 e traballa no desenvolvemento de metodoloxías formativas innovadoras para as cooperativas agroalimentarias, de módulos orientados a mulleres do sector e dunha plataforma dixital de formación (e-learning). As demais entidades que integran este proxecto, cofinanciado co programa Erasmus+, son catro. Por parte de Turquía participan o Concello de Silivri (distrito da provincia de Estambul), a Universidade Tekirdağ Namık Kemal e a Asociación SYGD (Asociación de Vida Sostible e Futuro Verde), entidade enfocada ao apoderamento de grupos sociais desfavorecidos, mulleres, inmigrantes e refuxiados, principalmente mozos e mozas. Por Italia (rexión de Bari) participa a asociación sen ánimo de lucro Legacoop Puglia, orientada á promoción e defensa do cooperativismo.

Curso online de AGACA sobre certificacións de calidade alimentaria e ambiental

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza un curso online sobre certificacións de calidade alimentaria e ambiental. Baixo o título A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais, é un ciclo formativo gratuíto que vai pola súa undécima edición. Cúrsase mediante unha plataforma de formación en liña á que o alumnado pode acceder as 24 horas dende o 6 de febreiro ata o 13 de marzo e está impartido por técnicos de AGACA. O número de prazas é limitado e a inscrición realízase a través da páxina web www.agaca.coop.
O número de prazas é limitado e a inscrición realízase a través da páxina web de AGACA
A formación consta de tres unidades didácticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBALG.A.P., BRC/IFS e certificacións de vacún de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica). Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

As cooperativas de vacún de carne presentan unha candidatura común ás eleccións na IXP Ternera Gallega

Vacas da cooperativa A Carqueixa, unha das que integra a candidatura de AGACA As cooperativas gandeiras de vacún de carne de Galicia veñen de rexistrar a súa candidatura Cooperativas Gandeiras de Ternera Gallega Suprema-AGACA, no censo correspondente ao sector produtor, dentro do proceso electoral aberto no Consello Regulador IXP Carne de Vacún de Galicia, no marco das eleccións á  renovación dos consellos reguladores do ámbito agrogandeiro galego. As cooperativas entenden que os Consellos Reguladores son unha oportunidade para mellorar o sector a través dunha xestión da actividade profesional, "afastándose da sistemática confrontación política e sindical que levaría á desestabilización da IXP". "Calquera proposta será dialogada e integradora do conxunto da cadea de valor a favor dunha maior valorización dos animais", matizan. 
Calquera proposta será dialogada e integradora do conxunto da cadea de valor, afastándose da sistemática confrontación política e sindical que levaría á desestabilización da IXP
As cooperativas que integran esta candidatura conxunta destacan en volume de socios e socias produtoras de Ternera Gallega Suprema e, á vez, de Ternera Gallega Suprema de Rubia Galega. Neste senso, en caso de seren elexidos, os representantes de AGACA defenderán "unha diferenciación para os animais da IXP, poñendo en valor a diversidade produtiva no vacún de Galicia". "A persoas produtoras, a nivel individual non alcanzan suficiente volume de gando para abastecer a demanda da industria de forma permanente, conseguir uns prezos de mercado óptimos e garantir a venda das reses todo o ano. Por iso, moitos gandeiros e gandeiras agrupáronse para comercializar de xeito profesional, acadando un volume significativo entre as cooperativas ALMOGA, RUBIGAL, A CARQUEIXA, AIRA, LEMOS, CLUN, ARTESANS GANDEIROS, entre outras", destaca AGACA en nota de prensa. 

Prazas en estancias formativas para persoas mozas en explotacións gandeiras

Cultiva22 é un programa de estadías formativas dirixido a profesionais da agricultura e a gandería que se incorporasen como responsables de explotación a partir do 1 de xaneiro de 2017 tendo menos de 41 anos naquel momento. Ofrece estancias de 5 a 14 días en explotacións modelo de acollida de todos os subsectores agrícolas e gandeiros, sen custo para as persoas participantes, que deben viaxar a explotacións fóra da súa Comunidade Autónoma de orixe. O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de agosto e as persoas interesadas en realizar unha estadía poden informarse na Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) no 981 58 47 83. Agaca contribúe tamén a este programa de formación coa inclusión de 7 explotacións galegas, pertencentes a catro cooperativas, que acollerán a mozos doutras comunidades. O sector leiteiro achega seis explotacións a Cultiva22. Clun (Cooperativas Lácteas Unidas) presenta a Gandería Sar de Serráns (Mazaricos), que cría vacas en intensivo, e a Ganadería Queirugueira (Val do Dubra), que traballa en semi-intensivo. Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña acollerá mozos en dúas granxas intensivas: O Cancelo (Miño), con vacas de raza Holstein, onde se fan os xeados de Bico de Xeado, e A Esperanza (San Sadurniño), de raza Jersey. Aira propón dúas explotacións da provincia de Lugo centradas no tratamento da xenética: a SAT Algrabusán (en Guntín) e Ganadería Casa Gabino (en Friol). A listaxe complétase cun produtor de Abegondo da cooperativa Lutega, que cultiva lúpulo. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación impulsa e financia este programa.

Cal é a pegada de carbono e a pegada hídrica de producir un litro de leite en Galicia?

Este martes pola mañá tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada Sostibilidade, Pegada de Carbono e Pegada Hídrica na produción de leite, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA). Nela foron presentados resultados do proxecto “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e a pegada hídrica” iniciado en 2018, no cal participou a Universidade de Santiago de Compostela (USC). No proxecto efectuouse a medición da pegada hídrica e a pegada de carbono en 100 explotacións galegas produtoras de leite, cunha media de 88 vacas en fase produtiva. Ricardo Rebolledo, enxeñeiro industrial na USC, explicou que mediante a metodoloxía de análise de ciclo de vida achouse que a media dos indicadores ambientais avaliados (pegada de carbono e pegada hídrica) foi de 1,42 kg de CO2 equivalente por litro de leite (en tanque frío de explotación) para a de carbono, na media da Unión Europea, situada en 1,4 kg, e de 1,33 m3/l en canto á hídrica, tamén na media comunitaria. En canto a fontes de impacto, as cargas ambientais principais son, para a pegada de carbono, as emisións de campo (fertilizantes e pensos) e, para a pegada hídrica, a alimentación do gando. Un fenómeno que se observa, ademais, é que a maior produción de leite, menor pegada de carbono: “Se mellora o rendemento da produción de leite, considerando os mesmos niveis de emisón e consumo, mellora o meu indicador de pegada de carbono e auga. En ambas as pegadas a emisión está ligada a emisións de campo, aínda que no caso da hídrica teñen maior impacto os pensos”, precisou o investigador da USC. Rebolledo indicou que as granxas analizadas teñen un valor de eficiencia próximo ao 100% (58 teñen un valor do 100% e as restantes sitúanse maioritariamente entre o 80% e o 100%).

Boas prácticas para reducir a pegada de carbono e hídrica na produción de leite:

-Control de enfermidades para reducir a necesidade de recría e aumentar a produción vitalícia: O 20% das perdas de produtividade animal están estreitamente relacionadas coa enfermidade. -Uso eficiente da auga: Instalar sistemas de recuperación, utilizar sistemas de limpeza de auga a presión e instalar colectores para recoller e reutilizar as augas pluviais. -Produción de biogás separando a parte sólida da líquida do xurro. -Mellorar a calidade dos alimentos das vacas mediante: Mellora da calidade das forraxes producidas, empregando trigo ou cebada en lugar de palla, sorgo, millo, pensos secos ou residuos de cultivos. Aposta polos sucedáneos dos alimentos: bagazo de cervexa... Promover o contido proteico da colza, un cultivo local, en comparación coa soia. -Xestión do esterco e dos fertilizantes químicos: Adaptar a súa aplicación segundo as necesidades do solo, realizando análises periódicas do mesmo. Uso de leguminosas (chícharos, trevos...etc) para fixar nitróxeno e reducir a necesidade de fertilización nitroxenada a partir de estercos e fertilizantes de orixe mineral. -Mellorar a xestión ambiental das granxas mediante: Formación e sensibilización do persoal Revisión periódica de equipamentos Plan estratéxico de redución de insumos, en especial abonos químicos e pensos.

Tendencias de futuro para reducir a pegada de carbono e hídrica por litro de leite:

-Emprego de complementos alimenticios -Alimentación de precisión, axustándoa en cantidade e tipo de alimentos (especialmente no caso do concentrado) ao estado produtivo de cada animal. -Uso de inhibidores: Afecta directamente aos microorganismos do rume para evitar a produción de metano -Resistencia ás enfermidades, mediante a mellora xenética.

Conclusións:

-A pegada de carbono aumenta a medida que diminúe o nivel de produción de leite, o que amosa un sobredimensionamento no aproveitamento dos recursos que consumen as pequenas explotacións gandeiras. -Constatouse que en ambas pegadas, a maior parte das cargas ambientais poderían estar asociadas a emisións do campo, compra de pensos e insumos agrícolas para os campos. Reducir estes imputs contribuiría nunha granxa a reducir tamén a súa pegada de carbono e hídrica. -Para a pegada hídrica ,a maioría dos impactos poderían estar asociados a o tipo de ingredientes utilizados no penso adquirido , destacando o alto valor reportado para a cebada.

Elevada capacidade das granxas galegas de vacún de leite para secuestrar carbono no solo

Un momento da xornada Pola súa banda, María Rosa Mosquera (catedrática de produción vexetal da USC), indicou que a agrosilvicultura é clave para manter e mellorar o carbono orgánico no chan. En concreto, foi analizada a presenza e influencia de superficies de pastos, froitais e forestal nas 100 granxas. Mosquera indicou a elevada capacidade das explotacións de Galicia para secuestar carbono, dado que a maioría das analizadas declaraba contar con alguna das superficies, e recomendou a creación de plans de xestión adaptados ao clima e cultivos de cada zona, ademais de encamiñar as granxas cara aos pastos permanentes para alimentación do gando, tendo en conta non só o secuestro de carbono senón tamén a redución de custos en man de obra e compra de proteína, ademais de reducir o volume de xurros. Por outra banda, Victorio Collado, técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España, explicou carbon farming, mellores técnicas dispoñibles e posibles ferramentas para controlar pegada de carbono no sector lácteo. María Luz Macho, subdirectora xeral de Meteoroloxía e cambio climático, presentou diferentes ferramentas e sistemas para calcular pegada de carbono nas explotacións e Lorenzo Bonoldi, de Nutralia Solutions, presentou Rumitech como caso de éxito na redución da pegada de carbono. Ademais, foi presentado o proxecto europeo GO-GRASS, no que participa AGACA, cuxo obxectivo é por en valor os pasteiros e atopar novos usos para a herba (como camas e concentrado de proteína orgánica para animais, biochar e papel). A xornada forma parte do proxecto “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e a pegada hídrica”, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES). Conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.

Curso sobre “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”

Co obxectivo de definir aspectos necesarios para emprender no medio rural, AGACA imparte o taller “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que é en liña e gratuíto. Será os días 14, 19, 21, 26 y 28 de xullo, de 10:00 a 13:00h. Os temas a tratar serán: a importancia social e económica do emprendemento, oportunidades de negocio, xeración e maduración de ideas con éxito, fórmula cooperativa, axudas públicas á posta en marcha do proxecto e elaboración do plan emprendedor. Ademais, presentaranse 12 sectores que supoñen unha oportunidade de negocio no medio rural. As persoas interesadas en poden matricularse en www.agaca.coop Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Socia.

Agaca presenta estudo sobre pegada de carbono e hídrica das ganderías de vacún de leite galegas

O vindeiro martes 12 de xullo terá lugar a xornada Sostibilidade, Pegada de Carbono e Pegada Hídrica na produción de leite, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agraoalimentarias (AGACA). Será no Hotel OCA Puerta del Camino (Santiago de Compostela), de 09:00 a 17:30h. O primeiro relatorio centrarase na presentación dos cálculos da pegada de carbono e a pegada hídrica de 100 explotacións do sector vacún de leite, a cargo de Gumersindo Feijóo, catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), entidade que colaborou con AGACA no estudo. A xornada continúa cun relatorio sobre agrosilvicutura para mellorar o carbono no solo (ás 11:15h.) e outro sobre carbon farming (ás 12:00h.), e coa presentación do proxecto europeo GO-GRASS no que participa AGACA, que busca novos usos para a herba, tales como briquetas, biochar, camas e concentrado de proteína para animais e papel (ás 12:45h.). Pola tarde, de 16:00 a 17:30, as intervencións centraranse na previsión, cálculo e regulamentación do cambio climático e en estratexias para redución de pegada de carbono. A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Silvestre Balseiros, participarán na xornada. A iniciativa forma parte do proxecto “Mellora da competitividade das explotacións de gando vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e a pegada hídrica”, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES). Conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.

Curso online de incorporación a ganderías de vacún de leite

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Incorporación á explotación agraria, orientación vacún de leite e Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios. O curso, de carácter gratuíto e que se realizará na modalidade online, comezará no mes de setembro. En canto á duración, mentres a parte de Incorporación á producción de leite de vacún consta de 250 horas, a de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios será de 25 horas. As personas interesadas en participar poden matricularse cubrindo o formulario que aparece neste enlace. O curso está dirixido a personas desempregadas con intención de incorporarse ao mercado laboral nunha explotación ganadeira. Ademáis, conta coa homologación da Consellería do Medio Rural. Temario. Módulos 1.- A empresa agraria (30 horas). 2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 horas). 3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 horas). 4.- Relacións laborais e prevención de riscos laborais (30 horas) 5.- Sensibilización medioambiental (30 horas). 6.- Agrotecnoloxía (30 horas). 7.- Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas). 8.- Produción de leite e manexo do gando (30 horas). As personas que desexen matricularse deben cubrir este formulario.