Carne

As cooperativas de vacún de carne presentan unha candidatura común ás eleccións na IXP Ternera Gallega

Están representadas a práctica totalidade das cooperativas que realizan comercialización profesional de gando de Suprema: ALMOGA, RUBIGAL, A CARQUEIXA, LEMOS, ARTESÁNS GANDEIROS, AIRA e CLUN. Apostan por un sector profesional afastado da confrontación

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/01/2023 10:24 a.m.

[caption id="attachment_174676" align="aligncenter" width="660"] Vacas da cooperativa A Carqueixa, unha das que integra a candidatura de AGACA[/caption]

As cooperativas gandeiras de vacún de carne de Galicia veñen de rexistrar a súa candidatura Cooperativas Gandeiras de Ternera Gallega Suprema-AGACA, no censo correspondente ao sector produtor, dentro do proceso electoral aberto no Consello Regulador IXP Carne de Vacún de Galicia, no marco das eleccións á  renovación dos consellos reguladores do ámbito agrogandeiro galego.

As cooperativas entenden que os Consellos Reguladores son unha oportunidade para mellorar o sector a través dunha xestión da actividade profesional, "afastándose da sistemática confrontación política e sindical que levaría á desestabilización da IXP". "Calquera proposta será dialogada e integradora do conxunto da cadea de valor a favor dunha maior valorización dos animais", matizan. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Calquera proposta será dialogada e integradora do conxunto da cadea de valor, afastándose da sistemática confrontación política e sindical que levaría á desestabilización da IXP

As cooperativas que integran esta candidatura conxunta destacan en volume de socios e socias produtoras de Ternera Gallega Suprema e, á vez, de Ternera Gallega Suprema de Rubia Galega. Neste senso, en caso de seren elexidos, os representantes de AGACA defenderán "unha diferenciación para os animais da IXP, poñendo en valor a diversidade produtiva no vacún de Galicia".

"A persoas produtoras, a nivel individual non alcanzan suficiente volume de gando para abastecer a demanda da industria de forma permanente, conseguir uns prezos de mercado óptimos e garantir a venda das reses todo o ano. Por iso, moitos gandeiros e gandeiras agrupáronse para comercializar de xeito profesional, acadando un volume significativo entre as cooperativas ALMOGA, RUBIGAL, A CARQUEIXA, AIRA, LEMOS, CLUN, ARTESANS GANDEIROS, entre outras", destaca AGACA en nota de prensa. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada