Estes son os beneficiarios das axudas da PAC a zonas con limitacións naturais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a disposición do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) pola que se notifican as resolucións de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña e en áreas distintas de montaña.

O Fogga aprobou un total de 17.946.647 euros na campaña de 2023 dentro destas achegas, que están cofinanciadas ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Desta cifra, preto de 12 millóns corresponden aos pagos compensatorios en áreas de montaña e os case 6 millóns restantes a áreas distintas de montaña. O número total de beneficiarios ascende a 10.523 na nosa comunidade autónoma.

Na web do Fogga publicaranse as listaxes de concesión e de denegación destas liñas, indicando as persoas beneficiarias, o importe e, de ser o caso, as causas de denegación. As persoas interesadas poden acceder a esta información a través da seguinte ligazón: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2023.

Ademais, póñense a disposición das persoas interesadas as resolucións completas das solicitudes mediante a aplicación para teléfonos móbiles «Sga@pp», dispoñible en Google Play ou en App Store, e no «Portal de axudas PAC» a través da seguinte ligazón: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac.

Neste portal, cada persoa interesada poderá acceder ao contido da súa resolución individualizada mediante certificado dixital, DNI-e ou o emprego de Chave365. Contra as resolucións, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes desde o día seguinte ao desta publicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información