Estas son as xovencas de Rubia Galega que este mércores se poxarán en Láncara

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) segue adiante co seu calendario de poxas para responder á demanda de exemplares de calidade de pura raza e incrementando ademais as súas citas, segundo a demanda dos concellos. Este é o caso de Láncara, concello que solicitou a organización dunha poxa de xovencas, como parte do programa de actividades da Feira da Tenreira Galega, que cada ano fai unha auténtica exaltación da carne galega.

Acruga leva anos participando na exposición desta festa, trasladando até Láncara aos mellores exemplares de rubia  galega e este ano, por primeira vez, realizará unha poxa de animais.

Trátase de catro xovencas, procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, depediente da Deputación de Lugo, con idades comprendidas entre os 22 e 27 meses, e preñadas de 6 e 7 meses.

Proceden de gandarías de Ourense, dúas do Corgo e unha de Lugo, e contan cunha xenealoxía de touros tan coñecidos pola súa xenética como Paderne AG ou Quijano AG, ademais de touros de monta natural. Todas elas terán un prezo de saída de 2.200 euros con axudas á compra de 200 euros por exemplar de Caixa Rural Galega.

En canto ao concurso-exposición, outra das grandes citas desta festa, Acruga participará cun total de 75 animais procedentes de dous 2 ganaderias do Corgo, unha de Samos, dúas de Friol, unha de Vilalba e outra do Páramo.

POXA ACRUGA LANCARA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información