Baixadas na recría e subas no vacún mediano no Mercado de Amio

Baixadas na recría e subas no vacún mediano no Mercado de Amio

Becerros de cruce nas instalacións do Mercado de Amio. // Imaxe de arquivo.

Esta semana no Mercado de Amio a recría de cruces de cor experimentou unha baixada de 5 euros dos prezos de referencia. Mentres, as canais de vacún mediano de matadoiro coas clasificacións S e R rexistraron subas.

En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 2.036 animais, 188 máis que na feira da semana pasada. Tal e como indican dende a organización do Mercado, este incremento pode deberse á suspensión da próxima feira, o mércores día 27 de decembro, por mor das festas de Nadal.

En concreto, na sesión de hoxe houbo 1.784 cabezas de vacún menor (239 máis), 106 de vacún mediano (2 reses máis) e 146 de vacún maior (53 menos).

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (20-XII-2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información