Feira Degustación da Tenreira Galega este martes e mércores en Láncara

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, á esquerda, e o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro , na presentación da feira

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, á esquerda, e o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro , na presentación da feira

A Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara celebrarase este martes e mércores, 30 de abril e 1 de maio, cun amplo programa de actividades para celebrar o seu 25 aniversario.

Unha das grandes novidades para conmemorar estes 25 anos de feira son os cantos de taberna e a foliada popular con degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema, que terá lugar o 30 de abril, na Praza dos Labradores da Pobra de San Xiao, e na que se repartirán 200 quilos de carne entre os asistentes. 

Festa dos avós, degustación, artesanía e gando vacún

A XXV Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara inclúe un amplo programa de actividades para todos os públicos. Os actos comezarán mañá martes, 30 de abril, coa celebración da XV Festa dos Avós, que terá lugar no Campo da Feira.  Ese mesmo día destaca tamén a foliada e degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema na Praza dos Labradores. 

O mércores, primeiro de Maio, o recinto feiral ofrecerá actuacións musicais, artesanía, agricultura e o tradicional concurso de gando vacún. Haberá tamén poxa de xovencas e o sorteo dunha becerra entre os empadroados no concello e os asistentes á comida da carpa. 

O programa completo é o seguinte: 

30 DE ABRIL. XV FESTA DOS AVÓS

12.30 h. Recepción por parte da Corporación municipal na carpa instalada no Campo da Feira da Pobra de San Xiao
13:00 h. Actuación musical
13:15 h. Intervención autoridades
13.45 h. Comida na carpa instalada no Campo da Feira da Pobra de San Xiao
16:30 h. Actuación musical
18.00 h. Exhibicións Escolas Deportivas Municipais no Pavillón Polideportivo
20.30 h. Cantos de Taberna polos bares da Pobra de San Xiao
22.30 h. Foliada popular e degustación gratuita de Tenreira Galega Suprema na Praza dos Labradores

1 DE MAIO

10:00 h. Apertura da XXV Feira da Tenreira Galega
12:00 h. Recepción das autoridades no Campo da Feira
12:15 h. Apertura stands, degustación gratuita de queixos
artesáns, sidra ecolóxica do país
12:30 h. Subasta de varias xovencas
12:45 h. Percorrido polo recinto feiral e visita ás instalacións
do gando
13:00 h. Pregón a cargo de Rosa Sierra
13:30 h. Sesión vermú a cargo de Punto Clave
14.00 h. Xantar (con carne de Terneira Galega Suprema)
17:00 h. Exhibición ecuestre
17.45 h. Entrega de premios do concurso de gando vacún
e sorteo becerra
18:30 h. Actuación a cargo de Punto Clave

feira-degustacion-da-tenreira-galega-lancara_img813n1t0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información