Denuncian o cobro indebido de cuotas da Seguridade Social a agricultores e gandeiros de baixa

Denuncian o cobro indebido de cuotas da Seguridade Social a agricultores e gandeiros de baixa

O Sindicato Lagrego Galego denuncia que durante o mes de setembro a Tesourería Xeral da Seguridade Social estivo mandando unhas cartas a persoas traballadoras na actividade agraria por conta propia, reclamándolles cantidades de diñeiro correspondentes a cotas de cotización de diferentes períodos entre os anos 2019 e o 2021, nos que estiveron de baixa durante máis de 60 días. O pasado venres 29 de setembro, a Seguridade Social fixo o cargo destas cotas nas contas das persoas traballadoras.

Porén, as cotizacións que lle reclaman agora foron pagadas no seu momento polas mutuas, que tiñan a obriga de facerse cargo delas en virtude da modificación que se fixo no seu día do artigo 308.1 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, que establecía que as mutuas se farían cargo das cotizacións das persoas traballadoras por conta propia a partir do día 60 de incapacidade temporal.

Por parte do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) anuncian que xa están a traballar para reclamar contra as mutuas e a Tesourería Xeral da Seguridade Social para que sexan as mutuas as que se fagan cargo destas cotizacións.

Aínda que o texto da Lei mencionaba que se farían cargo desta cobertura “con cargo ás cotas por cese de actividade”, a redacción do mesmo non vincula o dereito coa cotización por cese de actividade. Sen embargo, tanto as mutuas como a Tesourería Xeral da Seguridade Social obviaron esta interpretación e están a reclamarlle diferentes cantidades de diñeiro ás labregas e labregos que non tiñan esta cobertura e estiveron de baixa máis de dous meses entre o 2019 e o 2021. A actual redacción do texto legal fíxose máis clara a partir do ano 2022 e arestora dálle cobertura a tódalas persoas traballadoras aínda que non estean cotizando con dereito a cese por actividade.

De feito, malia que no período entre 2019 e 2021 existen diferentes interpretacións, nunha resolución publicada no ano 2022 polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, falla a favor da persoa traballadora e en contra da mutua, determinando que debe ser esta última a que ten que facerse cargo das cotizacións a partir do día 60 dunha incapacidade temporal en tódolos casos, con independencia de ter ou non a cobertura de cese de actividade.” Xa que logo, é totalmente improcedente que tanto as mutuas como a Tesourería Xeral da Seguridade Social carguen sobre as labregas e labregos as cotizacións das que xa se fixeran cargo no seu día, optando tanto a Administración como as propias mutuas por unha interpretación da normativa ao seu favor e na contra das persoas traballadoras”, conclúen dende o SLG.

Neste sentido, a organización agraria anuncia que reclamará as cotas da SS cobradas ás persoas labregas que estiveron de baixa máis de 60 días. Así, lembran que unha resolución publicada no ano 2022 polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, falla a favor da persoa traballadora e en contra da mutua, determinando que debe ser esta última a que ten que facerse cargo das cotizacións a partir do día 60 dunha incapacidade temporal en tódolos casos, con independencia de ter ou non a cobertura de cese de actividade. 

Esta situación de indefensión vese agravada, segundo o Sindicato Labrego, pola obriga de relacionarse de forma telemática coa Seguridade Social, que lle impide ás persoas acudir ás oficinas de forma presencial para recibir información sobre a súa situación ou realizar calquera trámite, como aprazamentos ou reclamacións. Ademais de dificultar a súa relación ca administración pública, a exclusión do dereito a ser atendidas presencialmente implica que moitas das persoas traballadoras autónomas se vexan obrigadas a recorrer a servizos externos con custo económico para poder facer estes trámites, o que na práctica supón unha privatización máis dun servizo público.

Canda a paralización do cobro de cotas e o reintegro inmediato das xa cobradas, por parte do Sindicato Labrego Galego demandan que se recupere de xeito inmediato a atención presencial en tódolos trámites realizados pola Administración pública, e condenamos a discriminación e graves prexuízos que para a cidadanía no seu conxunto está a supor a imposición excluínte do actual modelo de dixitalización.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información