Denuncian a “discriminación” dos produtores ecolóxicos nas axudas da Xunta para previr ataques do lobo

A Plataforma de produtores e produtoras de ecolóxico de Galicia (PROECOGAL) denuncia o que consideran “trato discriminatorio” para este colectivo por parte do goberno da Xunta.

“Queremos resaltar e recordar, a inexplicable incoherencia de que os productores de ecolóxico estamos excluídos na liña de axudas do PDR por ataque de lobo, polo que debemos comprender que a carne dos animais ecolóxicos non debe ser de bo dente para os seus depredadores, sendo o gando no sistema de manexo ecolóxico o que máis exposto está pola cantidade de horas que están nos pastos”, critican dende PROECOGAL.

Neste sentido, dende a asociación anuncian que están a traballar  na presentación dun recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra esta decisión da Xunta por considerala “totalmente discriminatoria”.

 

Ademáis, chaman a atención polo que consideran dobre vara de medir do goberno galego, pois mentres decide ampliar as axudas para a contratación de pastores e así cubrir todas as solicitudes “cando os produtores en ecolóxico solicitamos unha ampliación das axudas agroambientais do ano 2022 para cubrir todas as solicitudes que foran denegadas, non por incumprir os requisitos da axuda, se non por non ter orzamentado suficiente para a mesma, a resposta, pese o recoñecemento público, pola súa falla de previsión e comunicación entre entidades administrativas implicadas, foi un rotundo e reiterado non”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información